Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38619

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de dotacións para ampliación do cemiterio de Santa Cruz da Rabeda.

Aprobándose definitivamente o seguinte Plan Especial, publícase o mesmo para o seu xeral coñecemento e en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Chan de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Chan de Galicia, aprobado por Decreto 143/2016, do 22 de setembro:

Tipo

Plan especial

Sector afectado

Santa Cruz de Rabeda

Instrumento que desarrolla

PXOM

Motivación

Obtención de chan para a ampliación dun sistema de equipamentos e servizos de titularidade privada para proceder á ampliación do cemiterio parroquial de Santa María de Rabeda

«O Pleno Municipal, en sesión ordinaria do 24 de setembro de 2020, adoptou ou seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto refundido do Plan especial de dotacións para ampliación de equipamento en chan rústico para proceder á ampliación do cemiterio parroquial de Santa María de Rábeda que afecta o ámbito Santa Cruz de Rabeda, promovido pola Diocese de Ourense sendo o representante da devandita entidade José Joaquín Borrajo Iglesias, vigairo xeral da Diocese de Ourense e redactado polo equipo redactor Arquimón, S.L.P., coas modificacións resultantes dos informes emitidos.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, xunto á publicación deste acordo publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio ambiente da aplicación do plan e a referencia á dirección electrónica na que figurará o contido íntegro do plan ao dispor do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, á consellería competente en materia de Urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás que xa se lles notificou a aprobación inicial do mesmo, de conformidade co artigo 186.4 do regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Chan de Galicia, aprobado por decreto 143/2016, do 22 de setembro.”

Con respecto á indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio ambiente da aplicación do plan e a referencia á dirección electrónica na que figurará o contido íntegro do plan a disposición do público infórmase que segundo as condicións ambientais do Plan non hai ningún condicionante ambiental nesta zona do Concello de San Cibrao das Viñas que impida a ampliación do chan cualificado como equipamento para que se inclúa estas dúas leiras.

Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [http://sancibrao.sedelectronica.es].

Contra o presente Acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

San Cibrao das Viñas, 30 de setembro de 2020

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde