Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38618

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria para proveer varias prazas vacantes no corpo da policía local do Concello de Pontevedra OEP 2019 e 2020.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) núm. 175, do xoves 10 de setembro de 2020, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no corpo da policía local na OEP 2019 e 2020.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante Resolución do 25 de agosto de 2020, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes no corpo da policía local no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2019 e 2020, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: inspector.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 2. Denominación: oficial.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 2. Denominación: policía.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, publicándose os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 11 de setembro de 2020

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura