Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38651

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o segundo cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora no anexo I desta resolución.

No anexo II da resolución dáse publicidade a un convenio de colaboración subscrito pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2020.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2020

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social

ANEXO I

Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2020

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Acordo de modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, e a Fundación Amancio Ortega Gaona (FAO) para a construción dun centro público de atención integral ás persoas maiores dentro do marco do programa «Como na Casa», no concello da Coruña.

Nova redacción da cláusula terceira referida aos prazos de execución das obras e o establecemento do servizo, así como da cláusula cuarta sobre a comisión mixta ou de seguimento.

5.6.2020

Sen custo

Acordo polo que se modifica e prorroga o Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña.

Modificación e prórroga do convenio asinado o 1 de setembro de 2016 por un período adicional de catro meses nos termos e co alcance do seu clausulado.

29.5.2020

156.935,24 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para o desenvolvemento dun programa denominado «Servizo de atención psicolóxica e logopédica para familias e menores xordos implantados ou con prótese auditiva» no ano 2020.

O financiamento do programa para o desenvolvemento dun proxecto de atención psicolóxica e logopédica para familias con menores xordos implantados ou con prótese auditiva.

O proxecto ten como principais ámbitos de actuación a atención logopédica de menores xordos de entre 0 e 6 anos, a orientación sobre as estratexias comunicativas ás súas familias e aos centros educativos (lingua de signos), así como o asesoramento psicolóxico ás familias
e/ou contorno de convivencia co fin de fomentar o desenvolvemento normalizado do sistema familiar.

5.6.2020

11.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de asociacións para a loita contra as enfermidades de ril de Galicia para o desenvolvemento dun programa de intervención psicosocioeducativa en menores con enfermidade renal crónica en Galicia (programa Medro con ALCER) no ano 2020.

O financiamento dun programa de intervención psicosocial en menores con enfermidade renal crónica en Galicia (programa Medro con Alcer) e as súas familias, tratando de comprender, predicir e cambiar a súa conduta social axudándolles a adaptarse á enfermidade, así como a modificación daqueles aspectos nocivos da súa contorna para mellorar a súa calidade de vida.

16.6.2020

27.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) para o desenvolvemento do programa «A restauración galega sen glute», no ano 2020.

O financiamento pola Consellería de Política Social do programa «A restauración galega sen glute», da entidade ACEGA, que inclúe a realización de actividades encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas celíacas fóra do seu ambiente doméstico a través da capacitación de establecementos hostaleiros en materia de celiaquía.

16.6.2020

47.787,68 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación galega de familias numerosas para a realización de actuacións na consecución de beneficios e vantaxes destinados ás familias numerosas galegas, no ano 2020.

O financiamento pola Consellería de Política Social dos labores de difusión dos beneficios e das vantaxes dos programas e medidas destinadas ás familias numerosas e o desenvolvemento de accións de captación de empresas e entidades en xeral que ofrezan vantaxes, como medidas de apoio e axudas ás ditas familias.

19.6.2020

22.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Marola Fútbol Club no desenvolvemento dun programa de fomento da práctica deportiva para menores internados no centro Concepción Arenal e de soporte á autonomía dos mozos que rematan o cumprimento das medidas de internamento en centros de reeducación.

O financiamento do programa que leva a cabo durante o ano 2020 dirixido a facilitar a práctica deportiva dos internos do centro Concepción Arenal mediante a súa inclusión nas actividades do club, así como o tránsito á autonomía e a inserción sociolaboral dos mozos, de idades comprendidas entre 18 e 25 anos, que finalicen o seu internamento nun dos centros de reeducación desta Comunidade Autónoma, inicien o cumprimento dunha medida non privativa de liberdade e residan na cidade da Coruña, naqueles casos en que o seu ambiente sociofamiliar non reúna as condicións necesarias para facilitar a súa inserción sociolaboral.

17.8.2020

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do «Programa de apoio ao acollemento en familia extensa».

O financiamento do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa mediante o cal se facilita apoio aos procesos de acollemento familiar de menores por parte de membros da súa propia familia, proporcionando unha atención especializada adaptada ás necesidades das persoas acollidas, das persoas acolledoras e dos proxenitores, por medio de actuacións de asesoramento e orientación en tarefas parentais e coidado dos menores, intervención psicosocial e actuacións de mediación nas relacións familiares e apoio educativo ás familias a través de sesións formativas.

20.8.2020

173.353,44 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), para contribuír ao financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias para o exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento, por parte da Consellería de Política Social, dun programa de intervención en atención temperá destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias.

18.5.2020

346.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (ASPACE Galicia), para a concesión de subvencións para o financiamento das actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia da Federación Aspace Galicia no ano 2020.

A concesión de dúas subvencións nominativas destinadas á entidade ASPACE Galicia reflectidas no estado de gastos dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 para contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social dos gastos de persoal e gastos correntes da Federación Aspace Galicia e das súas entidades asociadas para o exercicio 2020, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución de actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia que ASPACE Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2020.

18.5.2020

538.257,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Parapléxicos e Grandes Minusválidos de Galicia (ASPAYM), para o financiamento do programa de atención dirixidos ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia e o mantemento da entidade para o exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das actividades que comporta o servizo que ASPAYM Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2020.

18.5.2020

45.142,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia), para a concesión de subvencións para o financiamento das actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia da Federación Autismo Galicia no ano 2020.

A concesión de dúas subvencións nominativas destinadas á entidade Autismo Galicia reflectidas no estado de gastos dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 para contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social dos gastos de persoal e gastos correntes de Autismo Galicia e das súas entidades asociadas para o exercicio 2020, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución de actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia que Autismo Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2020.

18.5.2020

675.210,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para a concesión de subvencións para o financiamento das actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia da confederación Cogami no ano 2020.

A concesión de dúas subvencións nominativas destinadas á entidade Cogami reflectidas no estado de gastos dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 para contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social dos gastos de persoal e gastos correntes de Cogami e das súas entidades asociadas para o exercicio 2020, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución de actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia dirixidos a persoas con discapacidade e ás súas familias, que Cogami ten previsto desenvolver durante o ano 2020.

19.5.2020

1.318.157,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Down Galicia, para a concesión de subvencións para o financiamento das actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia da Federación Down Galicia no ano 2020.

A concesión de dúas subvencións nominativas destinadas á entidade Down Galicia reflectidas no estado de gastos dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 para contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social dos gastos de persoal e gastos correntes da Federación Down Galicia e das súas entidades asociadas para o exercicio 2020, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución de actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia que a Federación Down Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2020.

18.5.2020

690.688,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para a concesión de subvencións para o financiamento das actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia da federación Fademga Plena Inclusión Galicia no ano 2020.

A concesión de dúas subvencións nominativas destinadas á entidade Fademga Plena Inclusión Galicia reflectidas no estado de gastos dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 para contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social dos gastos de persoal e gastos correntes de Fademga e das súas entidades asociadas para o exercicio 2020, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución de actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade e ás súas familias, para así tratar de mellorar a súa situación persoal e as súas condicións de vida.

18.5.2020

2.468.814,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación para o exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social do mantemento da entidade, así como das actividades que leva consigo o servizo que Fagal ten previsto desenvolver durante o ano 2020.

18.5.2020

89.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), para o financiamento de servizos especializados dirixidos a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da federación para o exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social do mantemento da FAXPG e dos servizos especializados que a FAXPG ten previsto desenvolver durante o ano 2020.

18.5.2020

759.826,00 €

Convenio de colaboración entre a consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia), para a concesión de subvencións para o financiamento das actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia da federación Feafes Galicia no ano 2020.

A concesión de dúas subvencións nominativas destinadas á entidade Feafes Galicia reflectidas no estado de gastos dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 para contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social dos gastos de persoal e gastos correntes de Feafes Galicia e das súas entidades asociadas para o exercicio 2020, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución de actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia que Feafes Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2020.

18.5.2020

635.736,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Dano CerebraL (Fegadace), para a concesión de subvencións para o financiamento das actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia da federación Fegadace no ano 2020.

A concesión de dúas subvencións nominativas destinadas á entidade Fegadace reflectidas no estado de gastos dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 para contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social dos gastos de persoal e gastos correntes da Fegadace e das súas entidades asociadas para o exercicio 2020 , así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución de actividades, programas e servizos de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia que a Fegadace ten previsto desenvolver durante o ano 2020.

18.5.2020

389.698,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC), para o financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas e do mantemento da federación para o exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social do mantemento da FEGEREC e das actividades na área de intervención social destinadas a mellorar a integración sociolaboral, a autonomía persoal e a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidades raras e crónicas e ás súas familias, no ámbito de actuación de FEGEREC, de acordo co seu Proxecto de atención integral sociosanitaria e que a FEGEREC ten previsto desenvolver durante o ano 2020.

18.5.2020

23.310,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos das Persoas con Discapacidade Intelectual (Special Olympics Galicia), para o mantemento e a promoción da integración social dirixida ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias mediante a realización de actividades deportivas adaptadas, ocio, formativas e de promoción do voluntariado para o exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento, por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, do mantemento da entidade e da promoción da integración social e mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias a través da realización de actividades deportivas, de ocio, de formación e culturais e orientadas á familia que ten previsto desenvolver Special Olympics Galicia no ano 2020.

18.5.2020

199.443,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Lousame, para instrumentar a colaboración para a realización das actuacións dirixidas á promoción da autonomía persoal e á prevención da dependencia no ano 2020.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social das actuacións que o Concello de Lousame ten previsto desenvolver durante o ano 2020, para a realización das actuacións dirixidas á promoción da autonomía persoal e a prevención da dependencia no Concello de Lousame.

18.5.2020

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Riotorto, para instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal para o exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social das actuacións que o Concello de Riotorto ten previsto desenvolver durante o ano 2020, para a realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

18.5.2020

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Valga, para instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención diaria dirixidas a persoas con discapacidade e/ou en exclusión social no exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das actuacións que o Concello de Valga ten previsto desenvolver durante o ano 2020, para a realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas con discapacidade e/ou en exclusión social, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

4.6.2020

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias (Fagal), para o financiamento do programa de atención integral a persoas cunha demencia neurodexenerativa e ás súas familias no exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das actividades de atención integral a persoas cunha demencia neurodexenerativa e ás súas familias que Fagal ten previsto desenvolver, durante o ano 2020.

04.6.2020

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Comité de entidades representantes de persoas con discapacidade de Galicia (Cermi Galicia) para contribuír ao financiamento do mantemento da entidade para o exercicio 2020.

Contribuír por parte da Consellería de Política Social no financiamento do mantemento de Cermi Galicia.

4.6.2020

68.860,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) para o incremento dos servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade de información no exercicio 2020.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das actuacións que a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) ten previsto desenvolver durante o ano 2020 para incrementar os servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información.

8.6.2020

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Xitano para a execución de determinadas accións do Programa operativo estatal de inclusión social e economía social 2014-2020 do Fondo Social Europeo.

Contribuír ao financiamento para a realización por parte da Fundación Secretariado Xitano do desenvolvemento de accións dirixidas ás minorías étnicas coa finalidade de promover a inclusión social a través de políticas activas centradas na loita contra a discriminación, no marco do Programa operativo de inclusión social e economía social 2014-2020.

20.5.2020

65.920,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa Acougo, no Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas.

Contribuír ao financiamento para a realización, por parte da fundación dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral de persoas con patoloxía dual, a través do programa Acougo.

20.5.2020

153.846,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Bancaria La Caixa para o desenvolvemento dos proxectos do programa de persoas maiores nos centros de maiores da Comunidade Autónoma de Galicia.

O desenvolvemento do Programa de persoas maiores da Obra Social La Caixa en centros sociocomunitarios de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia. Este programa comprende toda unha serie de actuacións dirixidas a acompañar as persoas maiores para que poidan desenvolver o seu proxecto de vida, facilitándolles recursos, formación e actividades, que promovan as súas capacidades e faciliten ferramentas para o seu desenvolvemento, favorecendo o envellecemento activo e saudable.

1.6.2020

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Cruz Vermella española en Galicia para a execución dun programa extraordinario de axuda para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19.

Contribuír ao financiamento para a realización, por parte da Cruz Vermella Española en Galicia, dun programa extraordinario de axuda en materia de necesidades básicas (en concreto, cobertura de produtos de alimentación, hixiene e farmacia) destinado á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19.

26.6.2020

11.402.000,00 €

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia polo que se encomenda a xestión dos sistemas de información básicos do sistema galego de servizos sociais (SIUSS-SIUSSGAL/PBSS e MATIASS).

Prorrogar o convenio de colaboración formalizado o 14 de agosto do 2019 entre a Consellería de Política Social e o COTSG polo que se encomenda a xestión dos sistemas de información básicos do sistema galego de servizos sociais (SIUSS-SIUSSGAL/PBSS e MATIASS) por un ano e con efectos desde o día 15 de agosto do 2020 ata o 14 de agosto de 2021, nos termos e co alcance que figura no seu clausulado.

12.8.2020

104.169,23 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Bancos de Alimentos (Fegaban) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas legalmente constituídas.

Contribuír ao financiamento para a realización por parte desta última dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas legalmente constituídas.

19.8.2020

67.980,00 €

ANEXO II

Convenio asinado no primeiro cuadrimestre de 2020

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) para a implantación do programa de Acompañamento nos hospitais e centros de saúde na Comunidade Autónoma de Galicia.

A implantación do programa Acompañamento nos hospitais e centros de saúde, por parte de persoas voluntarias aos/ás usuarios/as e visitantes que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público do Servizo Galego de Saúde.

13.1.2020

Sen custo