Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38658

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a resolución das axudas convocadas na Orde do 8 de xullo de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se convocan para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS403F).

Mediante a Orde do 8 de xullo de 2020 (DOG núm. 141, do 16 de xullo) publicáronse as bases reguladoras das axudas da Consellería de Política Social para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e a convocatoria para o ano 2020.

De conformidade co artigo 13.1 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axudas, que será debidamente motivada e se realizará logo da fiscalización da proposta, corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, quen resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

No número 3 do mesmo artigo establécese que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións deste procedemento de concesión das subvencións públicas serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 29 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS403F, de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 29 de setembro de 2020, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Unha vez notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días computado a partir do día seguinte ao da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 29 de setembro de 2020 ditada no procedemento BS403F de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020)

Unha vez realizada a instrución do procedemento segundo o previsto no artigo 10 da orde de convocatoria, aplicados os criterios preferenciais pola Comisión de Valoración, elevado informe ao órgano instrutor e vista a proposta de resolución do devandito órgano, a Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación, de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Orde do 8 de xullo de 2020, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se convocan para o ano 2020, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás entidades que se relacionan no anexo I, de acordo coa puntuación e cos criterios establecidos no artigo 12 da orde de convocatoria, as axudas convocadas na devandita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.781.1.

Esta axuda pública está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en particular:

Obxectivo temático 10: investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente.

Prioridade de investimento 10.5: investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente mediante o desenvolvemento de infraestruturas de educación e formación.

Obxectivo específico 10.5.1: mellorar as infraestruturas de educación e formación.

Actuación 10.5.1.4b: axudas ao investimento en centros de atención á primeira infancia de 0-3 anos e casas niño.

Categoría de intervención CE052: infraestruturas para a atención e a educación da primeira infancia.

O que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, así como o previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

A concesión desta axuda supón que a entidade beneficiaria acepta ser incluída na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Así mesmo, a beneficiaria deberá cumprir os requisitos de publicación e comunicación en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do devandito Regulamento (UE) nº 1303/2013.

O método aplicado para determinar o importe subvencionable e o importe da subvención é o de custos reais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 8 de xullo de 2020.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 187 da orde de convocatoria.

Coa solicitude de pagamento, a entidade beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a esta convocatoria de axudas.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 19 da Orde do 8 de xullo de 2020.

Segundo. Denegar ás entidades relacionadas no anexo II as axudas solicitadas polas causas que se detallan.

Terceiro. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 13 da Orde do 8.7.2020; DOG núm. 141, do 16 de xullo). Jacobo José Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

ANEXO I

Axudas concedidas

Núm.

expte.

Provincia

Concelllo

Entidade

NIF

Escola infantil

Puntuación

Axuda que se vai conceder

BS403F-11

A Coruña

Ferrol

Colexio La Salle. Hnos. Esc.

Cristianas

R1500082A

Colexio La Salle. Hnos. Esc. Cristianas

90

24.269,39 €

BS403F-22

Pontevedra

Bueu

Escola Infantil Ceo Azul

G94146487

Escola Infantil Ceo Azul Bueu

65

21.255,28 €

BS403F-4

León

Vilanova de Arousa

Compañía de las Hijas de la Caridad San Vicente de Paúl

R2400083H

Guardería Infantil Sonrisas y Lágrimas

90

19.509,98 €

BS403F-23

A Coruña

Santiago de Compostela

AXI Raiola

G15041601

Xardín da

Infancia Raiola

90

21.838,18 €

BS403F-1

Pontevedra

Marín

Asociación

Educativa Dalila

G36349363

Escuela Infantil Integral Dalila-Tiro-Fragata

75

25.000,00 €

BS403F-5

Pontevedra

Vigo

Asociación

Educativa San Nicolás

G36822567

Asociación Educativa San Nicolás

75

24.975,77 €

BS403F-7

Pontevedra

Sanxenxo

Asociación de Iniciativa Social Abrente

G94062015

Escola Infantil Abrente

75

25.000,00 €

BS403F-9

Pontevedra

Vigo

Panxoliñas, S. Coop. Galega

F27777630

Escuela Infantil Panxoliñas

75

21.302,27 €

BS403F-10

Pontevedra

Poio

Asociación

Educativa Monte Saíñas

G36595247

Escola Infantil Saíñas

75

23.486,04 €

BS403F-14

Pontevedra

Gondomar

Congregación

Misioneras de María Mediadora

R3600121B

CEIL Guardería Laboral San José

75

23.817,87 €

BS403F-15

Pontevedra

Soutomaior

Asociación

Educativa Santiago Apóstol

G94062486

Escola Infantil Santiago Apóstol

75

22.877,09 €

BS403F-17

Pontevedra

Pontevedra

Asociación

Guardería Laboral Pipo

G36213718

Guardería Pipo

75

19.263,83 €

BS403F-20

A Coruña

Betanzos

Fundación Raiola

G15390636

Escuela Infantil Niño Jesús

75

23.529,73 €

BS403F-3

A Coruña

Santiago de Compostela

Asociación

Educativa Antares

G70398094

Escola Infantil Rubido Romero

70

15.563,93 €

BS403F-12

Pontevedra

Cangas

Asociación

Educativa Eduardo Pondal

G94070497

Escola Infantil Eduardo Pondal

70

23.969,10 €

BS403F-16

A Coruña

Ferrol

Abc Sociedade Cooperativa Galega

F15471956

Escola Infantil Abc

70

24.834,72 €

BS403F-2

Pontevedra

Silleda

Asociación María Seoane Colmeiro

G36261899

Escola Infantil Mª Inmaculada

65

19.594,04 €

BS403F-18

Pontevedra

Vigo

APA Colegio

Atalaya Cantabria

G36873990

Escola Infantil Atalaya

Cantabria

60

9.025,87 €

BS403F-19

Pontevedra

A Estrada

Asociación

Educativa Elfos

G36348431

Escola Infantil Elfos

60

10.886,91 €

 

400.000 €

ANEXO III

Solicitudes denegadas/inadmitidas

Núm. expte.

Provincia

Entidade

NIF

Escola infantil

Puntuación

Causa

BS403F-21

Lugo

Asociación

Educativo-Social Pumuky

G27388412

Escuela Infantil Pumuky

60

Esgotamento de crédito

BS403F-25

A Coruña

Asociación Educativa Aloha

G15867153

Escuela Infantil Aloha

60

Esgotamento de crédito

BS403F-28

A Coruña

Asociación

Socioeducativa

O Parque

G70489422

Escola Infantil O Parque

60

Esgotamento de crédito

BS403F-24

A Coruña

Casa do Neno

R1500056E

Casa do Neno

50

Esgotamento de crédito

BS403F-6

Pontevedra

Asociación Edcuativa Ángel de la Guarda

G36771459

Asociación Educativa Ángel de la Guarda

45

Esgotamento de crédito

BS403F-8

Pontevedra

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

Escuela Infantil Santa Isabel

45

Esgotamento de crédito

BS403F-26

A Coruña

Escola Infantil

Chip-Chop, S.C.G.

F70082987

Escola Infantil

Chip-Chop, S.C.G.

45

Esgotamento de crédito

BS403F-27

A Coruña

Dimafa, Sociedade Cooperativa Galega

F70281365

Escola Infantil Fany

40

Esgotamento de crédito

BS403F-13

A Coruña

Colexio Jorge Juan Sociedade Cooperativa Galega

F15130958

Escola Infantil Colexio Jorge Juan

Incumprimento do requisito do art. 4.2: investimento para realizar inferior ao mínimo elixible