Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38664

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 28 de setembro de 2020 pola que se amplía o crédito da Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2020 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

Mediante a Orde do 23 de decembro de 2019 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro de 2020) establecéronse as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2020, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

A devandita orde, no seu artigo 3.3, establece que o importe consignado poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes agás indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.

Os créditos iniciais para o ano 2020 da citada orde xa foron ampliados mediante Orde do 22 de xuño de 2020 (DOG núm. 128, do 30 de xuño) en 679.938,10 €.

Dado que existen dispoñibilidades orzamentarias no mesmo programa, considérase conveniente ampliar os importes dos créditos e acadar así un uso máis eficiente dos fondos públicos mediante un maior grao de execución orzamentaria.

Por todo isto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora das normas da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

1. Amplíase con cargo á aplicación 15.03.514A.781.0, na anualidade 2020, o crédito máximo destinado a financiar as axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), no importe de 186.873,59 €.

2. O novo importe total máximo, sumando o importe xa aprobado e o da presente ampliación, queda fixado no cadro seguinte:

Partida orzamentaria

Código proxecto

Ano 2020

Ano 2021

Total

15.03.514A.781.0

2016 00257

2.266.811,69 €

1.100.000,00 €

3.366.811,69 €

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2020

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar