Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38632

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos pola extinta Consellería de Economía, Emprego e Industria no primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola extinta Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de xaneiro a agosto do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia segunda
e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANEXO

1. Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2020.

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Vigo para a acreditación da formación impartida polo Concello de Vigo no marco do proxecto Vigo pola inserción laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

6.2.2020

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Santa María La Real para a implantación do programa Lanzaderas Conecta Emprego (Programa GPS Emprego) cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

7.2.2020

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Arteixo para a acreditación da formación impartida polo Concello de Arteixo conducente á obtención do certificado de profesionalidade da especialidade de socorrismo en espazos acuáticos naturais.

12.2.2020

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello da Coruña para a acreditación da formación impartida polo Concello da Coruña no marco do proxecto Coruña Suma, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

17.2.2020

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Ronsel para o desenvolvemento dun proxecto piloto de mentoring para persoas autónomas.

20.2.2020

250.000,00 €

2. Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Empleo e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2020

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) durante o ano 2020.

14.5.2020

18.800,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral de Vigo, para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral Instituto Feiral da cidade de Vigo.

26.5.2020

142.700,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

3.6.2020

62.776,01 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

3.6.2020

24.054,36 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

3.6.2020

23.761,01 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Editorial Compostela, S.A., editora do xornal El Correo Gallego, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

3.6.2020

14.080,60 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U. editora do xornal Diario de Pontevedra, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

3.6.2020

12.027,18 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

3.6.2020

10.853,80 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

3.6.2020

11.440,49 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A. editora do xornal Atlántico, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

3.6.2020

4.106,84 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Corporación Voz de Galicia, S.L.U., para elaborar e publicar en La Voz de Galicia, información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

4.6.2020

149.899,72 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia 2020.

11.6.2020

669.900,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e as organizacións sindicais e empresarial participantes no diálogo social en Galicia (CEG, UGT-Galicia, S.N. de CC.OO. de Galicia) en materia de igualdade laboral e fenda salarial.

19.6.2020

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Foro pola Economía Social Galega para a visibilización e fomento da participación da economía social galega durante o ano 2020.

22.6.2020

44.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para apoiar a estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2020.

17.7.2020

81.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Noia para a rehabilitación da praza de abastos.

24.7.2020

1.008.233,10 €

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo.

31.7.2020

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia no ano 2020.

21.8.2020

81.500,00 €