Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38636

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o segundo cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o segundo cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2020

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO

Convenios asinados no segundo cuadrimestre do ano 2020

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Barco de Valdeorras para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Barco de Valdeorras, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na pavimentación da zona da Praza das Airas

4 de maio de 2020

90.184,07 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Carballedo para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Carballedo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na pavimentación da Rúa da Fonte

5 de maio de 2020

63.575,24 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Noia para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Noia, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na pavimentación da rúa República Argentina

5 de maio de 2020

71.856,51 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Oímbra para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Oímbra, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora da rúa do Parque de San Cibrao

5 de maio de 2020

34.701,18 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Incio para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Incio, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento do contorno do Edificio Multiusos

5 de maio de 2020

79.166,63 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Palas de Rei para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Palas de Rei, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na execución de beirarrúas nas Lagas

5 de maio de 2020

34.815,41 €

Addenda nº 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Tordoia para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento– para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

5 de maio de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilarmaior para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilarmaior, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora da parcela exterior da Casa da Cultura

5 de maio de 2020

34.666,23 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Irixo para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Irixo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na rexeneración do conxunto de Santa María do Campo

11 de maio de 2020

97.466,24 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilamarín para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilamarín, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na creación dun parque infantil na urbanización de vivendas de promoción pública

12 de maio de 2020

34.955,15 €

Convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV), e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, para a protección do ambiente e información oceanometeorolóxica no contorno do porto de Marín

O obxecto deste convenio é o mantemento daquelas estacións meteorolóxicas que se instalen no recinto portuario nos termos desenvolvidos no presente convenio, resultado da colaboración entre a CMATV e APMRP no ámbito da protección do ambiente, da preservación dos recursos naturais e da xestión de riscos oceanometeorolóxicos na zona de servizo do porto de Marín, coa finalidade de estender o control dos aspectos ambientais e a prevención de riscos operacionais e ambientais derivados das actividades comerciais a toda a zona de servizo do porto de Marín

14 de maio de 2020

Sen achega económica da consellería

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para o exercicio das competencias de acondicionamento, mantemento e conservación do contorno do río Mero

Este convenio ten por obxecto que Augas de Galicia asuma as obras que foron recibidas pola Consellería de Medio Ambiente segundo a cláusula oitava do Convenio para a execución do Proxecto de acondicionamento hidráulico do río Mero entre a presa de Cecebre e a súa desembocadura (A Coruña), asinado o 27 de novembro de 2002, en virtude das competencias que corresponden a Augas de Galicia, como organismo de bacía, en materia de administración e control do dominio público hidráulico e segundo o disposto no Decreto 177/2016, do 15 de decembro

19 de maio de 2020

Sen achega económica da consellería

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Rairiz de Veiga para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Rairiz de Veiga, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización de prazas públicas

26 de maio de 2020

71.197,93 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Tordoia para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Tordoia, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na construción dun centro sociocomunitario e ambiental no núcleo urbano de Pontepedra

26 de maio de 2020

276.097,55 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e as sociedades do grupo Vegalsa para a concienciación social sobre actitudes responsables no desbotamente de elementos hixiénicos (máscaras e luvas)

Concienciación social sobre actitudes responsables no desbotamente de elementos hixiénicos (máscaras e luvas)

4 de xuño de 2020

Sen achega económica da consellería

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Coirós para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Coirós, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización de espazos públicos no núcleo rural histórico-tradicional e común de Armea

15 de xuño de 2020

76.463,74 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilasantar para o acondicionamento da rúa Foro, en Présaras, fase II

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilasantar, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento da rúa Foro, en Présaras, fase II

16 de xuño de 2020

18.606,09 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mondoñedo para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección e reforma interior da cidade histórica (PEPRICH)

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a redacción da revisión do Plan especial de protección e reforma interior da cidade histórica (PEPRICH)

17 de xuño de 2020

307.781,25 €

Acordo entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e a empresa Ence, Energía y Celulosa, S.A., para o desenvolvemento dunha acción específica de contratación de traballadores recentemente titulados, por un período de 12 meses, para facilitar a súa posterior incorporación ao mercado laboral a fin de facer fronte á crise económica do COVID-19 na provincia de Pontevedra

Articular a colaboración entre Ence e a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para contribuír a paliar a crise económica que poida derivar da crise sanitaria provocada polo COVID-19. Esta colaboración articúlase a través do compromiso de Ence de levar a cabo contratacións de persoal

18 de xuño de 2020

Sen achega económica da consellería

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Chandrexa de Queixa para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda e o Concello de Chandrexa de Queixa, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora das instalacións do espazo polivalente do Campo da Escola en Celeiros

29 de xuño de 2020

76.457,89 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Covelo para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Covelo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do Parque Público de Maceira

30 de xuño de 2020

205.581,02 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Veiga para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Veiga, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da urbanización da rúa Pateira

30 de xuño de 2020

127.152,12 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mos para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mos, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización da contorna parroquial de San Mamede

30 de xuño de 2020

306.253,23 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Salvaterra de Miño, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na rehabilitación interior do antigo edificio do concello como nova biblioteca pública de Salvaterra de Miño

30 de xuño de 2020

239.735,29 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Gudiña para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Gudiña, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora do espazo público do Tameirón

6 de xullo de 2020

100.468,21 €

Addenda nº 1 ao Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Boimorto para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

6 de xullo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilasantar para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilasantar, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na renovación de cubrición e modernización interior de vestiarios

7 de xullo de 2020

29.070,80 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello dos Blancos para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello dos Blancos, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na pavimentación de rúas en Nocedo

8 de xullo de 2020

39.683,34 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Xunqueira de Espadanedo para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Xunqueira de Espadanedo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de humanización de rúas no concello de Xunqueira de Espadanedo

8 de xullo de 2020

63.541,16 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Baltar para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Baltar, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de acondicionamento da Casa da Cultura e contorna

10 de xullo de 2020

34.990,34 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Pantón para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento de paseo peonil en Ferreira de Pantón

10 de xullo de 2020

201.709,07 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade da Coruña para dar continuidade ao Proxecto de investigación de arrecife artificial-PROARR

O obxecto deste convenio é o de establecer as condicións da colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería de Mar, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade da Coruña para o desenvolvemento da fase II do proxecto de deseño e produción dun módulo de arrecife artificial adaptado á xeomorfoloxía dos fondos mariños galegos

10 de xullo de 2020

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a interoperabilidade entre o procedemento de tramitación de traballos profesionais do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e o procedemento de tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas das distintas administracións públicas a través do nodo de interoperabilidade da Xunta de Galicia

I.Establecer mecanismos de interoperabilidade entre o procedemento de tramitación telemática de traballos profesionais do Colexio de Arquitectos e os procedementos de tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas das diferentes administracións galegas.

II. Estudar conxuntamente os posibles mecanismos e alternativas para a execución pola Xunta de Galicia da disposición adicional primeira da Lei 2/2016, do solo de Galicia, en relación coa implantación pola Administración autonómica da Plataforma urbanística dixital de Galicia

8 de xullo de 2020

Sen achega económica da consellería

Convenio de colaboración entre a a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o consello galego de colexios veterinarios para o desenvolvemento de accións conxuntas para a reactivación dos procesos de adopción e de identificación de animais domésticos como consecuencia da crise sanitaria do COVID-19

Este convenio ten por obxecto establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Consello Galego de Colexios Veterinarios para o desenvolvemento de accións conxuntas para a reactivación dos procesos de adopción e de identificación de animais domésticos, afectados como consecuencia da crise sanitaria do COVID-19

24 de agosto de 2020

3.050,00 €