Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38644

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 34, do 19 de febreiro de 2020), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se convocan para o ano 2020.

Logo de ver as solicitudes de subvencións destinadas ao equipamento e á mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais polas entidades locais de Galicia e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

Tras finalizar a tramitación establecida nos artigos 7, 8, 9 e 10 da orde de convocatoria para as solicitudes presentadas, realizouse o procedemento de exame e valoración destas, consonte os criterios establecidos no artigo 14 da orde de convocatoria.

A competencia para resolver estas axudas corresponde á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, segundo o establecido no artigo 16 da convocatoria.

En consecuencia, e atendendo á proposta de resolución definitiva elevada pola Secretaría Xeral de Cultura a partir do informe da Comisión de Valoración creada ao abeiro do artigo 13 da orde de convocatoria,

RESOLVO:

Conceder as axudas sinaladas no anexo ás entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, por importe de 481.265,22 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

As entidades subvencionadas a que fai referencia esta resolución deberán acreditar a documentación xustificativa dos proxectos subvencionados antes do 30 de novembro do ano 2020, de acordo co establecido no artigo 22.1 da orde de convocatoria.

Cómpre notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Nº de expediente

Entidade

NIF

Proxecto

Subvención

2020/000005-0

Concello da Lama

P3602500E

Posta en funcionamento de estancia no edificio multiusos para fins culturais

3.015,18 €

2020/000007-0

Concello de Touro

P1508600B

Creación de sala audiovisual na casa da cultura

1.207,73 €

2020/000008-0

Concello do Pereiro de Aguiar

P3205900H

Substitución da carpintaría metálica e equipamento informático da Biblioteca Pública Municipal

10.506,19 €

2020/000016-0

Concello de Trabada

P2706100A

Equipamento para a musealización do Centro Etnográfico José Rocha

29.972,91 €

2020/000017-0

Concello de Val do Dubra

P1508900F

Equipamento e mellora da Biblioteca Pública Municipal

10.856,63 €

2020/000019-0

Concello de Xermade

P2702100E

Modernización do equipamento da Biblioteca Pública Municipal

6.019,13 €

2020/000022-0

Concello de Oia

P3603600B

Instalación de ascensor no Centro Sociocultural de Pedornes

19.272,51 €

2020/000024-0

Concello de Antas de Ulla

P2700300C

Mellora do sistema de xestión informática da Biblioteca Pública Municipal

1.511,54 €

2020/000028-0

Concello de Sarria

P2705700I

Acondicionamento de sala de estudos na Biblioteca Pública Municipal

25.455,57 €

2020/000029-0

Concello do Barco de Valdeorras

P3201000A

Habilitación de sala de lectura na casa da cultura

7.840,00 €

2020/000030-0

Concello de Mesía

P1504800B

Ampliación do Local Social de Bascoi

26.222,36 €

2020/000035-0

Concello da Pontenova

P2704800H

Mellora do salón de actos da casa da cultura

1.526,78 €

2020/000037-0

Concello do Saviñao

P2705800G

Mellora na Biblioteca Pública Municipal

30.000,00 €

2020/000040-0

Concello de Cerdedo-Cotobade

P3600048G

Adecuación da fachada sur do edificio multiusos

23.068,08 €

2020/000042-0

Concello de Ribas de Sil

P2705200J

Equipamento dos locais culturais do Xeoparque

10.060,26 €

2020/000046-0

Concello de Malpica

P1504400A

Equipamento do centro cívico

2.841,73 €

2020/000051-0

Concello de Valdoviño

P1508800H

Equipamento de espazos da casa da cultura

3.627,28 €

2020/000052-0

Concello de Alfoz

P2700200E

Equipamento e mellora da Biblioteca Pública Municipal

2.519,42 €

2020/000053-0

Concello de Viana do Bolo

P3208700I

Equipamento para a mellora da casa da cultura

9.014,60 €

2020/000056-0

Concello da Guarda

P3602300J

Módulos para o Arquivo Municipal

30.000,00 €

2020/000057-0

Concello do Vicedo

P2706400E

Mellora da accesibilidade do Local Social de San Román

30.000,00 €

2020/000058-0

Concello do Valadouro

P2706300G

Equipamento e mellora das instalacións do Centro Manuel Lourenzo

3.564,19 €

2020/000060-0

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

Equipamento da Biblioteca Pública Municipal

2.660,06 €

2020/000068-0

Concello de Cualedro

P3202900A

Mellora e equipamento na casa de cultura

20.692,35

2020/000071-0

Concello de Ourol

P2703800I

Equipamento impresión de carné para a Biblioteca Pública Municipal

651,47 €

2020/000074-0

Concello de Santiso

P150800E

Substitución de fiestras e portas da axencia de lectura

7.237,27 €

2020/000076-0

Concello da Fonsagrada

P2701800A

Instalación de ascensor no museo comarcal

26.008,54 €

2020/000078-0

Concello de Padrón

P1506600D

Mellora do acceso e aseos da Biblioteca Pública Municipal no Souto

8.177,49 €

2020/000079-0

Concello do Grove

P3602200B

Equipamento da sala de exposicións e soft-seating da Biblioteca Pública Municipal

1.117,40 €

2020/000083-0

Concello de Ordes

P1506000G

Subministración e instalación de armarios compactos no Arquivo Municipal

8.675,40 €

2020/000085-0

Concello de Verea

P3208500C

Equipamento para a casa da cultura

1.944,52 €

2020/000089-0

Concello de Xinzo de Limia

P3203300C

Reforma da cuberta da casa da cultura

23.683,02 €

2020/000091-0

Concello de Miño

P1504900J

Modernización do equipamento da Biblioteca Pública Municipal do Centro Social da Rúa

13.209,19 €

2020/000093-0

Concello de Ames

P1500200I

Equipamento e mellora da Casa da Cultura de Bertamiráns

11.235,51 €

2020/000098-0

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

Equipamento de luz e son e escenario do Auditorio Julio Vázquez

4.607,42 €

2020/000104-0

Concello de Rois

P1507500E

Equipamento audiovisual do auditorio

790,00 €

2020/000105-0

Concello de San Xoán de Río

P3207100C

Mellora da accesibilidade da casa da cultura

30.000,00 €

2020/000109-0

Concello de Cuntis

P3601500F

Reforma dos aseos do Centro Socio-Cultural e Xuvenil J.R. Patelas

9.791,46 €

2020/000117-0

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

Reforma do Centro Sociocultural Parroquial de San Lourenzo de Aguiar

22.682,03 €