Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38686

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados

EDICTO (XVB 196/2019).

Eu, Andrea Viéitez Comesaña, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados, no cal se tramita xuízo verbal 196/2019, seguido por instancia de Dorinda Troncoso Bargiela contra Adegas D’Altamira, S.L., polo que se exerce a acción de reclamación de cantidade.

Ditouse a Sentenza do 10 de xullo de 2020, a cal non é firme, e cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días.

A sentenza está ao dispor da interesada na Secretaría deste xulgado.

Para que sirva de notificación a Adegas D’Altamira, S.L., en situación procesual de rebeldía, expido este edicto.

Cambados, 23 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza