Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38684

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de emprazamento (RSU 281/20-RCUD 246/20-S).

Tipo y nº de recurso: RSU recurso suplicación 281/2020

Xulgado de orixe/autos: SSS Seguridade Social 87/2018. Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Cabaleiro Nogueira, S.L., Granitos Ibéricos, S.A.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ministerio Fiscal, Jesús Rodríguez Fernández, Maximino Fernández Vázquez, Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Cachotes Atios, S.L., Perpiaño de Atios Porriño, S.L., Cabaleiro Nogueira & Fernández, Mantenimiento, Construcciones y Jardinería de Galicia, S.L., Graniblock, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 281/2020-RCUD 246/20-S desta sala, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, contra a Tesouraría Xeral de la Seguridade Social, e outros sobre recarga de accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación letrada da Administración de xustiza María Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 15 de setembro de 2020

O anterior escrito subscrito polo letrado Alberto Briales de Porcioles, en representación de Jesús Rodríguez Fernández, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para compareceren por escrito de letrado perante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra esta resolución non cabe recurso ningún.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maximino Fernández Vázquez, Cachotes Atios, S.L., Rocas Graníticas Gallegas, S.A. e Perpiaño de Atios Porriño, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza