Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 8 de outubro de 2020 Páx. 38803

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que dá publicidade a unha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas para a supervisión do proxecto de demolición da estación de autobuses de Lugo.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas para a supervisión do proxecto de demolición da estación de autobuses de Lugo, que ten as seguintes características:

– Obxecto. A elaboración dun informe técnico co fin de verificar que se tiveron en conta as disposicións xerais de carácter legal ou regulamentario así como a normativa técnica que resulten de aplicación para o proxecto, así como calquera outro informe de carácter técnico que en relación co procedemento de adxudicación deste contrato de obras e a súa execución sexa solicitado polo órgano encomendante.

– Os ditos documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AXI.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ser a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a AXI órganos pertencentes á mesma consellería con personalidade xurídica propia.

– Prazo de vixencia: a presente encomenda terá a duración estritamente necesaria para a elaboración do/dos informe/s técnico/s solicitado/s, finalizando coa súa entrega e, en todo caso, coa finalización da execución das obras de referencia.

– Supostos de finalización anticipada: por incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

– Taxas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos que se presten en desenvolvemento desta.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de
Infraestruturas e Mobilidade