Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 8 de outubro de 2020 Páx. 38804

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición da comisión de selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20.

A Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 27 de agosto de 2020, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20 (DOG do 8 de setembro), establece no seu artigo 12 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará unha comisión formada por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vocais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación. O presidente ou a presidenta deberá ser un subdirector xeral ou unha subdirectora xeral, ou un inspector ou unha inspectora de educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 12 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 27 de agosto de 2020,

RESOLVO:

Designar os membros da comisión de selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20, que é a que figura a seguir:

– Titulares:

Presidenta:

María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do secretario xeral de Educación e Formación Profesional.

Vogais:

María del Carmen Areán Vázquez, inspectora de educación.

María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de educación.

– Suplentes:

Presidente: Juan Carlos Varela Vázquez, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Vogais:

José Fernando Carrasco Mera, inspector de educación.

María Elena Urtiaga Estévez, inspectora de educación.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional