De conformidade co establecido no artigo 10 da Resolución do 10 de xullo de 2020 (DOG núm. 144, do 20 de xullo), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e convocatoria do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2019 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio de exposición das listas provisionais de admitidos e excluídos da mencionada axuda.
Tendo en conta que as mencionadas listas conteñen datos sobre a identidade, características persoais, económicas ou de saúde, todos eles protexidos pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a súa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade das persoas solicitantes e tamén das persoas que dan dereito á percepción das axudas, polo que cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para dar cumprimento ao establecido, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas ao abeiro da Resolución do 10 de xullo de 2020 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e convocatoria do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2019 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.
As mencionadas listas figuran na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS. As persoas solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e o código de impresión da súa solicitude para coñecer integramente o acto.
Segundo. Contra a resolución provisional dos expedientes as persoas solicitantes poderán presentar reclamación e, se é o caso, emendar os defectos que motivan a exclusión provisional no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A reclamación poderase presentar en calquera dos rexistros públicos, oficinas de Correos e demais lugares establecidos no artigo 16.4 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As reclamacións e achegas de documentos deberán dirixirse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, no Edificio Administrativo San Caetano, núm. 1, piso 2º, 15770 Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública