BDNS (Identif.): 527151.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as entidades titulares de orquestras que teñan o seu domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo poderán ser beneficiaras das subvencións as agrupacións de entidades titulares de orquestras que teñan o seu domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Segundo. Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a regulación da concesión de subvencións a empresas titulares de orquestras.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 5 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas titulares de orquestras, e se procede a súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TU500B).
Cuarto. Importe
As subvencións relativas ao obxecto desta resolución imputaranse á aplicación orzamentaria 11.A2.761A.770.0, proxecto 2018 00002, cun crédito de 1.200.000 € para a anualidade 2020 e de 800.000 € para a anualidade 2021.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Sexto. Prazo de xustificación da subvención
O prazo para a xustificación da subvención será ata o 15 de novembro de 2021.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia