Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39361

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publica a Resolución do 15 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras-bolseiras na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, para o curso académico 2020/21.

No Diario Oficial de Galicia núm. 153, do 31 de xullo de 2020, publícase a Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se convocan prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2020/21, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son os seguintes:

Cidade

Residencia

Núm. de prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil «LUG»

4 home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

5 home/muller

Vigo

Altamar

6 home/muller

No artigo 11 establécese que, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, a resolución de adxudicación das prazas, a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas e bolsas e a lista de agarda coa puntuación obtida será aprobada e notificada pola persoa que exerza a xefatura territorial de cada provincia onde radique a residencia xuvenil no prazo máximo de catro meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, debera entenderse desestimada a solicitude correspondente. As ditas relacións notificaranse de acordo co establecido no artigo 6.

Na disposición adicional primeira, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en función do seu respectivo ámbito territorial, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 6 e 11 da referida Orde do 22 de xullo de 2020, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.net con carácter complementario.

Polo exposto, e no ámbito da competencia territorial,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 25 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS303C, de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras-bolseiras, da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Política Social, pola que se aproba aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias, excluídas, desistencias e a lista de agarda das prazas e bolsas na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2020/21, e na páxina web http://xuventude.net, que figura recollida no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 25 de setembro de 2020 pon fin á vía administrativa e que contra ela se pode interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 28 de setembro de 2020

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Resolución asinada o día 25 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras-bolseiras, da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias, excluídas, desistencias e a lista de agarda das prazas e bolsas na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2020/21.

Convocada a oferta de prazas de persoas colaboradoras-bolseiras, procedemento BS303C, para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2020/21 mediante a Orde do 22 de xullo de 2020 (DOG núm. 153, do 31 de xullo), e tendo en conta os seguintes

Antecedentes

Primeiro. O número de solicitudes totais presentadas en tempo e forma foi 13.

Segundo. As solicitudes admitidas a trámite foron remitidas á comisión cualificadora para a súa valoración de conformidade cos criterios preferenciais que se recollen no artigo da convocatoria.

Terceiro. Tras a valoración da comisión recollida no seu informe, o órgano instrutor propón cinco persoas que obtiveron a maior puntuación como persoas beneficiarias e as tres restantes na lista de agarda.

Así mesmo, das solicitudes presentadas concorre unha desistencia e catro exclusións por non cumprir o requisito de que a renda media familiar non supere o 150 % do indicador público da renda de efectos múltiples.

Vistos os antecedentes citados, e tendo en conta o disposto nos artigos 8 e 10 da citada orde e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar as prazas e aprobar a relación definitiva do procedemento BS303C de persoas beneficiarias, excluídas, desistencias e a lista de agarda das prazas e bolsas para a Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2020/21, que figuran como anexos I, II, III e IV, respectivamente, desta resolución, á vista das solicitudes presentadas en prazo regulamentario, con base no artigo 1 e demais requisitos exixidos na convocatoria.

Segundo. Facer pública a dita relación mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.net con carácter complementario.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Ourense, 25 de setembro de 2020

A conselleira de Política Social, P.D. (Artigo 11 da Orde do 22.7.2020; DOG núm. 153, do 31 de xullo); María José Fernández Laso, xefa territorial de Ourense.

ANEXO I

Persoas beneficiarias das prazas e bolsas

Procedemento BS303C

BS303C Prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís. Persoas beneficiarias das prazas e bolsas.

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

1

Pérez García, Claudia

***9433**

32,27

2

Amigo Fernández, Alexis

***8190**

32,05

3

Gabella Ocampo, Diego

***3547**

30,15

4

Francisco Justo, Lara

***2943**

29,31

5

Ferreira Domínguez, Álvaro

***3126**

27,28

ANEXO II

Persoas excluídas das prazas e bolsas

Procedemento BS303C

BS303C Prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís. Persoas excluídas das prazas e bolsas.

Nº expediente

Apelidos e nome

DNI

Motivo da exclusión

2020/4-3

Bañales Echarri, Eunate

***7015**

Incumprimento do artigo 2.1.f) da orde

2020/5-3

Cerredelo Prieto, Pedro

***1581**

Incumprimento do artigo 2.1.f) da orde

2020/7-3

Doval Herbón, José

***8766**

Incumprimento do artigo 2.1.f) da orde

2020/8-3

Sánchez Calvo, Pedro

***9366**

Incumprimento do artigo 2.1.f) da orde

ANEXO III

Desistencias

Procedemento BS303C

BS303C Prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís. Desistencias (artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Nº expediente

Apelidos e nome

DNI

2020/12-3

Álvarez Pérez, Raquel

***5906**

ANEXO IV

Lista de agarda

Procedemento BS303C

BS303C Prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís. Lista de agarda.

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

1

Rodríguez Rey, Pablo

***7975**

23,00

2

Navia Riveiro, Sandra

***2730**

22,80

3

Corredoira Torres, Guillermo

***5672**

22,08