Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39341

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión, para o ano 2020, pola que se encarga á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S. A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a realización de traballos do proxecto MarRISK (cód. 0262_MARRISK_1_E) incluído no programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal.

1. Encomenda de xestión.

– Actividade. A encomenda comprende os traballos de consolidación dunha infraestrutura de coñecemento para a avaliación de riscos costeiros así como de aplicación de ferramentas que permitan mellorar a xestión do litoral, nun escenario de cambio climático.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxetiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S. A., S.M.E., M.P., (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésima cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga).

– Prazo de vixencia. O período de execución comeza o día seguinte ao da súa sinatura, e o prazo máximo será o 15 de decembro de 2020.

– Importe e modalidade de financiamento. O importe da encomenda ascende á cantidade de dezasete mil douscentos sesenta e sete euros con noventa e tres céntimos 17.267,93 € con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 07.02.541E.640.1.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda