Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39342

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 2 de outubro de 2020 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2020.

Pola Orde do 11 de marzo de 2020 (DOG do 25 de maio), a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2020.

Reunida a comisión prevista no artigo 13 da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 12 da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de nais e pais do alumnado e ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial relacionadas no anexo.

Segundo. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán electronicamente, de acordo co establecido no artigo 9 da orde de convocatoria, dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2020 a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas e/ou nóminas e acreditación documental de que se efectuou o seu aboamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 11 de marzo de 2020 (DOG do 25 de maio), pola que se convocan as axudas para o ano 2020.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, contra esta orde poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

CIF

Confederación/federación/ANPA EE

Beneficiario

Concello

Importe (€)

G15115165

Confapa (Confederación Galega ANPAS Centros Públicos)

Confederación

A Coruña

9.964,00

G70416557

Confederación ANPAS galegas

Confederación

Santiago de Compostela

10.112,00

G15042617

Federación provincial ANPAS centros públicos

Federación Provincial

A Coruña

6.325,00

G70366588

Federación centros públicos A Costa da Morte

Federación Provincial

Carballo

2.700,00

G27019140

Fapacel Federación provincial ANPAS centros públicos

Federación Provincial

Lugo

2.975,00

G27043389

FAPA Lugo

Federación Provincial

Lugo

1.650,00

G32009037

Federación provincial ANPAS centros públicos

As Burgas

Federación Provincial

Ourense

3.700,00

G94202843

Feapa Pontevedra

Federación Provincial

Vilagarcía de Arousa

1.700,00

G36020311

Federación provincial ANPAS centros públicos

Federación Provincial

Pontevedra

5.625,00

G70222195

Federación centros públicos Compostela

Federación Provincial

Santiago de Compostela

2.550,00

G36581841

Fesanpas Federación Estradense

Federación Comarcal

A Estrada

1.350,00

G36743946

Foanpas Federación ANPAS Olívica

Federación Comarcal

Vigo

2.975,00

G36959658

Surgapa Federación ANPAS do Suroeste

Federación Comarcal

Vigo

1.600,00

G36412039

Fanpo Federación de ANPAS O Condado-Paradanta

Federación Comarcal

Ponteareas

1.650,00

V36822682

Federación de ANPAS do Val Miñor

Federación Comarcal

Gondomar

1.500,00

G15543242

Federación de ANPAS de Ferrol

Federación Comarcal

Ferrol

1.550,00

G15984990

ANPA CEE Ntra. Sra. del Rosario

ANPA EE

A Coruña

1.000,00

G15747678

ANPA CEE Amicos

ANPA EE

Ribeira

1.000,00

G15456908

ANPA A Barcia

ANPA EE

Santiago de Compostela

1.000,00

G15874290

ANPA Colegio Duques de Lugo

ANPA EE

Santiago de Compostela

1.000,00

G27159425

ANPA CEE Santa María

ANPA EE

Lugo

1.000,00

G32022774

ANPA CEE Miño

ANPA EE

Ourense

1.000,00

G32202798

ANPA CEE O Pino

ANPA EE

Ourense

1.000,00

G32411084

ANPA CEE Ilustre Mestre

ANPA EE

Ourense

1.000,00

V36130169

ANPA CEE Joaquina Sobrino

ANPA EE

A Guarda

1.000,00

G36753895

ANPA La Ilusión del Val Miñor

ANPA EE

Nigrán

1.000,00

G36152262

ANPA CEE Santísimo Cristo del Amor ACEESCA

ANPA EE

O Porriño

1.000,00

G36180768

ANPA CEE Juan XIII

ANPA EE

Pontevedra

1.000,00

G36630614

ANPA CEE A Menela

ANPA EE

Vigo

1.000,00

G36812063

ANPA CEE Saladino Cortizo

ANPA EE

Vigo

1.000,00

G36024941

ANPA CEE Os Mecos

ANPA EE

Vilagarcía de Arousa

1.000,00

G36131027

ANPA CEE de Vilagarcía de Arousa

ANPA EE

Vilagarcía de Arousa

1.000,00