Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39478

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 620/2020 MRA).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 620/2020 MRA

Xulgado de orixe/autos: SSS Seguridade Social 261/2017 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: Fermín Andrade Cardezo

Avogado: Jorge Espasandín Fernández

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutual Midat Cyclops, Ramón (Falecido) Parada Vaamonde

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Luis Manuel Rodero Díaz

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 620/2020 desta sección, seguido por instancia de Fermín Andrade Cardezo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutual Midat Cyclops e Ramón (Falecido) Parada Vaamonde, sobre accidente de grao, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante Fermín Andrade Cardezo contra a sentenza do vinte e cinco de outubro de dous mil dezanove, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña nos autos nº 261/2017, seguidos por instancia do demandante contra o INSS, a TXSS a Mutua MC Mutual, e a empresa Ramón Parada Vaamonde, sobre incapacidade permanente, debemos confirmar e confirmamos a sentenza da instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos correspondentes ao ano.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións” ou “concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Parada Vaamonde, Ramón, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza