Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39490

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 51/2020).

Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento sobre execución de títulos xudiciais 51/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Izabela Anna Niechwiadowicz contra Marina Tubio Campo, Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de Xustiza, Belén Menéndez Medel.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2020

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Marina Tubio Campo en situación de insolvencia parcial por importe de 2.231,75 euros en concepto de principal (indemnización e diferenzas salariais) e 225 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva a efectos publicitarios a declaración de insolvencia da executada, Marina Tubio Campo, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza