Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39519

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria para prover varias prazas da oferta de emprego público 2017 e 2020.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 175, do xoves 10 de setembro de 2020, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra na OEP 2017 e 2020.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante Resolución do 25 de agosto de 2020, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2017 e 2020, que a seguir se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala técnica. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: 2. Denominación: técnico medio de xestión, mediante promoción interna. O sistema de selección será mediante concurso-oposición.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico superior de mantemento de espazos públicos, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico de deportes, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: arquiveiro, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: enxeñeiro técnico industrial, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase funcións especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico medio informático, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase funcións especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: xestor de contidos e soporte de administración electrónica, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: oficial electricista, mediante promoción interna. O sistema de selección será mediante concurso-oposición.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial condutor mecánico, mediante promoción interna. O sistema de selección será mediante concurso-oposición.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: oficial xardineiro, mediante promoción interna. O sistema de selección será mediante concurso-oposición.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 4. Denominación: oficial de obras. Das catro prazas convocadas, tres cubriranse polo procedemento de promoción interna e unha mediante quenda libre. O sistema de selección será mediante oposición para a que se convoca por quenda libre e concurso-oposición para as que se convocan por promoción interna.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: Agrupación profesional. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 6. Denominación: operario, mediante quenda libre. O sistema de selección será o de oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 11 de setembro de 2020

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura