Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39518

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de convocatoria para a provisión en propiedade, por promoción interna, dunha praza de administrativo pertencente á oferta de emprego público do ano 2019.

As bases que regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza vacante de persoal funcionario do Concello de Gondomar e unha corrección destas publicáronse respectivamente nos boletíns oficiais da provincia de Pontevedra (BOP) números 127 e 145 do 6 de xullo e do 30 de xullo de 2020:

• 1 praza de administrativo, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa, integrada no grupo C, subgrupo C1, polo sistema de promoción interna mediante concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases de selección, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Gondomar, 4 de setembro de 2020

Juan F. Ferreira González
Alcalde-Presidente