Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39618

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 2 outubro de 2020, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculados ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X).

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño) dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Mediante a Orde do 13 de agosto de 2019 (DOG núm. 169, do 6 de setembro) establecéronse as bases reguladoras para o período 2019-2021 e procedeuse á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativa con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2019-2020, código de procedemento TR301P.

A dita orde ten por obxecto, no relativo ao procedemento TR301P, establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante o período 2019-2021, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación.

Poden ser entidades beneficiarias das subvencións as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades dependentes ou vinculadas a calquera delas.

A concesión das subvencións previstas está sometida ao réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.5.b) da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

O financiamento das axudas previstas efectuouse con cargo á aplicación orzamentaria 09.41.323A.471.0, co código de proxecto 2013 00545.

O crédito, desagregado por anualidade, recóllese na seguinte táboa:

Aplicación

Proxecto

Anualidade 2019 (€)

Anualidade 2020 (€)

Importe total

09.41.323A.471.0

2013 00545

1.000.000,00 €

2.000.000,00 €

3.000.000,00 €

O artigo 2.2 da Orde do 13 de agosto de 2019 establece que estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coa limitación que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.

Así mesmo, o citado artigo dispón que poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para a primeira convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Mediante a Orde do 9 de decembro de 2019 (DOG núm. 235, do 11 de decembro) publicouse a ampliación de crédito da Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecían as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procedía á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecían as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X).

Como consecuencia, o importe total dos créditos destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2019, ampliouse nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial.

Aplicación

Proxecto

Importe

Ano 2019

Ano 2020

Total

Inicial

09.41.323A.471.0

2013 00545

1.000.000 €

2.000.000,00 €

3.000.000,00 €

Ampliación

09.41.323A.471.0

2013 00545

1.530.746,33 €

1.530.746,33 €

Total

09.41.323A.471.0

2013 00545

1.000.000 €

3.530.746,33 €

4.530.746,33 €

A relación de subvencións concedidas e entidades beneficiarias, ordenadas por código de expediente, publícase como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2020

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Colocación

ANEXO

Expediente

CIF/NIF

Entidade beneficiaria

Aplicación orzamentaria

Importe concedido

TR301P-2019/000001-0

A36602837

Peugeot Citroën Automóviles España, S.A.

09.41.323A.4710

1.841.760,00 €

TR301P-2019/000002-0

A32257123

Componentes Aeronáuticos Coasa, S.A.

09.41.323A.4710

73.560,00 €

TR301P-2019/000004-0

B50846807

Benteler Automotive Vigo, S.L.

09.41.323A.4710

196.200,00 €

TR301P-2019/000006-0

J32451338

Newton Consultoría I-Formación

09.41.323A.4710

68.640,00 €

TR301P-2019/000012-0

B74376344

Windar Offshore, S.L.

09.41.323A.4710

36.180,00 €

TR301P-2019/000016-0

B70056957

Exlabesa Extrusión Padrón

09.41.323A.4710

55.803,00 €

TR301P-2019/000021-0

B95087482

Oesia Networks, S.L.

09.41.323A.4710

26.775,00 €

TR301P-2019/000022-0

B36939049

Gri Towers Galicia, S.L.

09.41.323A.4710

72.528,00 €

TR301P-2019/000023-0

B27821305

Lidera Knowledge, S.L.

09.41.323A.4710

135.468,00 €

TR301P-2019/000024-0

F32001976

Cooperativas Orensanas, S. Coop. Ltda.-Coren

09.41.323A.4710

951.615,00 €

TR301P-2019/000025-0

A32226003

Textil Lonia, S.A.

09.41.323A.4710

80.808,00 €

TR301P-2019/000029-0

CFIC005403

Metales y Muebles Especiales, S.L. e outros

09.41.323A.4710

78.120,00 €

TR301P-2019/000032-0

B27737022

Hijos de Carlos Albo, S.L.U.

09.41.323A.4710

24.840,00 €

TR301P-2019/000043-0

B36366391

Celtic Stores, S.L.

09.41.323A.4710

26.832,00 €

TR301P-2019/000045-0

B82374190

Visteon Sistemas Interiores España, S.L.

09.41.323A.4710

93.600,00 €

TR301P-2019/000048-0

A15333958

Egalsa

09.41.323A.4710

12.151,20 €

TR301P-2019/000054-0

B82523648

Leche Celta, S.L.U.

09.41.323A.4710

116.610,00 €