Conforme o establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, as entidades beneficiarias, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.
Igualmente, o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que se publicará a concesión das subvencións, e no artigo 12.2 da Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (código de procedemento PR420C) determínase que a concesión dos premios e das mencións especiais será publicada no Diario Oficial de Galicia.
En cumprimento dos devanditos preceptos legais e regulamentarios,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia os premios concedidos en virtude da Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (código de procedemento PR420C), publicada no DOG núm. 173, do 12 de setembro.
O importe total dos premios ascende a 77.500,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.460.1 correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, distribuída entre as tres categorías de premios e polas respectivas contías que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2020
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración local
ANEXO
Premios á dinamización demográfica 2019
Categoría |
Entidade |
Proxecto premiado |
Importe do premio |
1º premio |
Concello da Veiga |
Implementación de medidas transversais de desenvolvemento rural no Concello da Veiga: política de necesidades |
40.000,00 € |
2º premio |
Concello de Parada de Sil |
Proxecto de rehabilitación de vivendas e casa de lecer para nenos |
25.000,00 € |
3º premio |
Concello de Cervo |
Proxecto de dinamización demográfica do Concello de Cervo |
12.500,00 € |
Total |
77.500,00 € |