Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39891

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Begonte

ANUNCIO de notificación do procedemento de execución de xestión de biomasa e retirada de especies árboreas (expediente 385/2018).

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa e retirada de especies árboreas que incumpren as distancias establecidas.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, a cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Begonte (Praza Irmáns Souto Montenegro nº 1, 27373 Begonte (Lugo). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou cando resulte infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG) dos datos catastrais da parcela.

O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, habilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, cuxos custos se repercutirán nas persoas responsables.

O artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Interesado: hdros. de Dolores Vázquez Flores.

Polígono: 97. Parcela: 55. Ref. catastral: 27007A097000550000GU.

Prazo: quince (15) días.

Begonte, 22 de setembro de 2020

José Ulla Rocha
Alcalde presidente