Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 6 de outubro de 2020 pola que se fai pública resolución de procedemento para a declaración de abandono de remolques con matrículas R-5172-BBM e R-5173-BBM localizados no porto de Viveiro.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por resultar descoñecido o enderezo do propietario dos remolques, a Asociación para a Promoción do Deporte e Turismo Náutico na Provincia de Lugo, e por motivos de interese público que o fan aconsellable, faise público mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado da presente resolución, que declara en situación de abandono os remolques con matrículas R-5172-BBM e R-5173-BBM que se atopan localizados no porto de Viveiro.

Sobre os ditos remolques están as embarcacións Río Landro, con folio 7ª-LU-2-103, e Río Sor, con folio 7ª-LU-2-4-03, que xunto cos remolques están varadas sen actividade e nun claro estado de abandono desde hai uns 10 anos no porto de Viveiro, motivo polo que estas embarcacións foron declaradas en situación de abandono por Resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 21 de xullo de 2020.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A presente resolución emítese con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía portuarios aprobado pola O.M. do 12 de xuño de 1976, vista a proposta de resolución emitida polo instrutor unha vez que non se formularon alegacións ao acordo de inicio do procedemento publicado no Diario Oficial de Galicia número 193, do 23 de setembro de 2020, e no Boletín Oficial del Estado número 256, do 26 de setembro de 2020.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011 do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 203, do 24 de outubro), Portos de Galicia vai proceder á venda dos remolques e, de resultar esta falida, ao seu traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre os remolques, en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación, serán por conta do propietario.

A presente resolución emítea a presidenta de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia