Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 30 de setembro de 2020 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes do bono de alugueiro social (código de procedemento VI482C).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Área Central, s/n; polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

BONOV-063/2019

***1687**

Resolución de perda do dereito á subvención

BONOV-083/2019

***9496**

Trámite de audiencia

BONOV-086/2019

***4484**

Resolución de perda do dereito á subvención

BONOV-022/2020

***6888**

Resolución de denegación da solicitude de subvención

BONOV-025/2020

***1523**

Requirimento de emenda da solicitude