Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40095

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 28 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras-bolseiras na Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2020/21.

No Diario Oficial de Galicia núm. 153, do 31 de xullo de 2020, publícase a Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se convocan prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2020/21, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade

Residencia

Núm. prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

4 home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

5 home/muller

Vigo

Altamar

6 home/muller

No artigo 11 establecese que, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, a resolución de adxudicación das prazas, a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas e bolsas e a lista de agarda coa puntuación obtida serán aprobadas e notificadas pola persoa que exerza a xefatura territorial de cada provincia onde radique a residencia xuvenil no prazo máximo de catro meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Unha vez transcorrido o devandito prazo sen que se dite resolución expresa, deberase entender rexeitada a solicitude correspondente. Estas relacións notificaranse de acordo co establecido no artigo 6.

Na disposición adicional primeira apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en función do seu respectivo ámbito territorial para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 6 e 11 da referida Orde do 22 de xullo de 2020, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.net con carácter complementario.

Polo exposto, e no ámbito da competencia territorial,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 28 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras-bolseiras, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas e bolsas e a lista de espera na Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2020/21, e na páxina web http://xuventude.net.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 28 de setembro de 2020 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 1 de outubro de 2020

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Resolución asinada o día 28 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras-bolseiras, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas e bolsas e a lista de espera na Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2020/21

Unha vez convocada a oferta de prazas de persoas colaboradoras-bolseiras do procedemento BS303C para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2020/21 pola Orde do 22 de xullo de 2020 (DOG núm. 153, do 31 de xullo), e tendo en conta os seguintes antecedentes:

Primeiro. Unha vez examinadas as solicitudes presentadas para a Residencia Xuvenil Altamar e admitidas a trámite, remítense á Comisión cualificadora para proceder á súa valoración de conformidade cos criterios preferenciais establecidos na convocatoria.

Segundo. A Comisión de Cualificación avaliou as solicitudes admitidas, en total 11, e emitiu o seu informe ao órgano instrutor.

Terceiro. O órgano instrutor, con base no informe da Comisión cualificadora e tendo en conta as prazas-bolsas ofertadas na convocatoria, eleva a súa proposta de resolución e selecciona seis persoas beneficiarias das prazas e bolsas e cinco persoas na lista de agarda no procedemento BS303C.

Vistos os antecedentes citados e tendo en conta o disposto no artigo 8 e 10 da citada orde e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, esta xefatura territorial resolve:

Primeiro. Adxudicar as prazas e aprobar a relación definitiva do procedemento BS303C de persoas beneficiarias das prazas e bolsas e a lista de agarda para a Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2020/21 que figuran como anexo I e II da presente resolución, en vista das solicitudes presentadas no prazo regulamentario e con base no artigo 1 e demais requisitos exixidos na convocatoria.

Segundo. Facer pública esa relación, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente, será obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.net, con carácter complementario.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Vigo, 28 de setembro de 2020. A conselleira de Política Social. P.D. (artigo 11 da Orde dp 22.7.2020; DOG núm. 153, do 31 de xullo). María José Pérez-Izaguirre López, xefa territorial de Vigo.

ANEXO I

Persoas beneficiarias das prazas e bolsas

Procedemento BS303C

BS303C Prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís. Persoas beneficiarias das prazas e bolsas:

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

1

Pouso Oujo, Patricia

***9806**

31,67

2

Ramudo Novo, Uxía

***8223**

28,84

3

Campillo Gómez, Carlos

***7747**

28,59

4

Álvarez Fernández, Mario

***4341**

26,88

5

Carballo Guzmán, Sergio

***4642**

26,36

6

Roca Capdevila, Antonio

***1246**

25,14

ANEXO II

Lista de agarda
Procedemento BS303C

BS303C Prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís. Lista de agarda:

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

Puntuación

7

Antelo Regueira, Carlos

***3624**

24,48

8

Andrea Marie, Pichel

***5757**

24,39

9

Alberto Quintela, Gael

***8818**

23,64

10

Bertussi Lorenzo, Alejandro

***9376**

18,62

11

David Esparís, Matanza

***4878**

18,18