Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40146

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018.

En sesión que tivo lugar o 6 de outubro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), acordou, de conformidade co disposto nas bases que rexen a presente convocatoria:

Primeiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Segundo. Declarar que, de conformidade coa base II.1.1.3 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron una puntuación mínima de dez (10) puntos.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Declarar a todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4 da convocatoria, excepto a Ansede Ogando, Ana María.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020

Beatriz Díaz Rodríguez
Presidenta do tribunal