Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 19 de outubro de 2020 Páx. 40251

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2020.

De acordo co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), onde se establece que as consellerías e entidades dependentes da Xunta de Galicia deberán remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2020

José A. Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de cooperación estatística e intercambio de información entre o Instituto Nacional de Estatística e o Instituto Galego de Estatística

15.5.2020

0 €

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Estatística para a realización de prácticas académicas

1.7.2020

0€