Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 6 de outubro de 2020, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de turismo PO-S-15/2020.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador PO-S-15/2020, xa que, intentada polo medio habitual, non se puido practicar.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a José María Picallo Búa. O interesado pode promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente expediente sancionador, en materia de turismo, correspóndelle ao xefe da Área Provincial de Pontevedra, da Axencia de Turismo de Galicia, segundo se dispón no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), en relación co artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, conforme o establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar, perante o instrutor do procedemento, para a súa incorporación a el, alegacións, documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse, advertíndolle de que, de non formular alegacións no prazo indicado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente e calquera momento anterior a resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e ademais pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Pontevedra, 6 de outubro de 2020

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo

ANEXO

Expediente: PO-S-15/2020.

Titular sancionado: David Domínguez Rusco.

Establecemento: La Casa de Marín.

Domicilio: Outeiro 21.

Localidade: Marín.

Incoación: 12 de marzo de 2020.

Precepto infrinxido: artigo 35.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, e artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 2.000,00 euros.