Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS626F (expediente BS626F27028020516 e tres máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase mediante este anuncio a notificación das resolucións dos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan as ditas persoas interesadas ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración; rolda da Muralla, 70, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, advírteselles que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 8 de setembro de 2020

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Núm. de expediente

Data da resolución

Y0280141S

BS626F27028020516

Recurso desestimado 29.4.2019

Y5633637P

BS626F27028018218

Recurso desestimado 15.7.2019

33993637M

BS626F27902001117

Recurso desestimado 20.11.2019

34299136H

BS626F27047000315

Recurso desestimado 27.3.2019