Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2019115AL-OU por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2019115AL-OU incoado na Xefatura Territorial de Ourense á persoa/entidade que se sinala no anexo.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020

Carmen Durán Parrondo
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2019115AL-OU.

Documento de identificación: 34267663D.

Último enderezo coñecido: rúa Martín Gaite, 49, 05004 Ávila.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 5.001,00 €.