Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 6 de outubro de 2020, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00954-O-2019 e catro máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-00954-O-2019 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00954-O-2019

PO-0368-AJ

76984064M

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

29.4.2019; 19.40; A-52; 120

Art. 141.14 LOTT Art. 198.18 ROTT

Art. 201.1.e) ROTT Art. 143.1 LOTT

601 euros

XC-01928-O-2019

3635-KVC

79313721S

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

22.5.2019; 10.43; AC-523; 7,234

Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT
Art. 143.1.f) LOTT
Art. 143.1 LOTT

801 euros

XC-01937-O-2019

9282-FGL

47401280M

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

16.5.2019; 10.27; AC552; 28,0

Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT
Art. 143.1 LOTT

801 euros

XC-01951-O-2019

CS7428AU

47401280M

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

21.5.2019; 12.22; AC552; 86,0

Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT
Art. 143.1 LOTT

801 euros

XC-01962-O-2019

3635-KVC

79313721S

Transportar mercadorías perigosas carecendo dos extintores ou de calquera outro medio de extinción de incendios que resulte obrigatorio en función do vehículo ou da carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

22.5.2019; 10.37; AC-523; 7,234

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 198.6.3 ROTT

Art. 201.f) ROTT
Art. 143.1 LOTT

801 euros