A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador número XC-00455-O-2020 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.
Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 5 de outubro de 2020
César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
Expediente Matrícula |
DNI/CIF Denunciado |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
XC-00455-O-2020 3952-GFS |
73066793W |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 25.11.2019; 11.13; N-651; 24,411 |
Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT Art. 143.1 LOTT |
801 euros |
XC-01125-O-2020 1276-KJP |
Y3536590D |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 20.12.2019; 11.10; AC-552; 78,578 |
Art. 141.25 en relación 140.1 LOTT |
Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT |
801 euros |
XC-01294-O-2020 8933-DRS |
53188104Y |
A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado. 22.1.2020; 12.03; N-547; 64,5 |
Art. 141.21 LOTT Art. 198.25 ROTT |
Art. 201.d) ROTT Art. 143.1 LOTT |
401 euros |
XC-01295-O-2020 8933-DRS |
53188104Y |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 22.1.2020; 12.02; N-547; 64,5 |
Art. 141.25 en relación 140.1 LOTT |
Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT |
801 euros |