Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41908

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 22 de xaneiro).

En cumprimento do disposto no artigo 9.1 da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2020 (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro), resolvo que se proceda á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 300.000,00 euros, con cargo á aplicación 09.40.324C.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2020.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

ANEXO

Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Aplicación: 09.40.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía

Ucogatra, U. de Coop.

14.230,77

Unión de Cooperativas Espazocoop

100.000,00

Asociación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia-Aesgal

15.769,23

Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca

100.000,00

Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.

Aplicación: 09.40.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía

Cegasal-Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro

34.550,00

Aeiga-Asociación de Empresas de Inserción de Galicia

24.877,19

Asociación para la Promoción de Actividades de Integración Sociolaboral en CEE

10.572,81