Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42165

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

En sesión que tivo lugar electronicamente o día 15 de outubro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Que, de conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, o cuarto exercicio do proceso selectivo terá lugar os días 16 e 23 de novembro de 2020, no edificio da EGAP, sito na rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela.

Segundo. Consonte o disposto na dita base, convócanse para o cuarto exercicio as persoas aspirantes no lugar e hora establecidos de acordo co anexo que se achega.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal.

Cuarto. O chamamento dos aspirantes realizarase de acordo co disposto na base II.1.2.1 da convocatoria ás horas sinaladas no anexo.

Quinto. Consonte co sinalado na base II.1.2.5, o chamamento será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Sexto. Os exames comezarán ás 9.00 horas, unha vez finalizado o chamamento e desenvolveranse ao longo da mañá, ata aproximadamente as 14.00 horas, continuando a partir do chamamento das 15.15 horas, ata aproximadamente as 21.00 horas. No caso de que o día 16 de novembro non puidesen ser examinadas todas as persoas aspirantes que compareceran, aquelas quedarán convocadas para o día 23 de novembro de 2020 ás 15.15 horas, na aula 1 da EGAP.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2020

María Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal

ANEXO

Convocatoria das persoas aspirantes

– Día 16.11.2020, 8.55 horas. Aula número 1 EGAP.

Quedan convocados os seguintes aspirantes:

Tajes Pérez, José

Álvarez Cuíñas, Alejandra

Asorey Souto, Laura

Fernández Loureiro, David

Figueiras Vázquez, Helena

Iglesias Fernández, Verónica

– Día 16.11.2020, 15.15 horas. Aula número 1 EGAP.

Quedan convocados os seguintes aspirantes:

López Pérez, María Dolores

Mourelle Arnejo, Juan

Mourelle Ferreiro, Juan Carlos

Nodar López, Raquel