Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42105

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2020 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Para o obxecto de convocar o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2020, resolvo anunciar:

Primeiro. Que no portal web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal), estará dispoñible a Resolución do 13 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2020 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que a presentación e xestión de solicitudes de participación realizarase a través da plataforma de formación do profesorado FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe .

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional