Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de incoación de orde de execución por incumprimento da xestión da biomasa da parcela con referencia catastral 9176943NH0887N0001PX, propiedade de Vaiben-Cons, S.L. e Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 4 da «Ordenanza municipal non fiscal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do Concello de Ponteceso» (BOP núm. 149, do 7.8.2018) e no artigo 44 da «Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas», ignorándose o domicilio actual de Vaiben-Cons, S.L. e de Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L. (despois de ser devolta polo servizo de Correos notificación dunha resolución anterior practicada por este concello, indicando que resultaba descoñecida), procédese a efectuar a notificación da resolución de Alcaldía número 658/2020 do 7.10.2020 que a continuación se transcribe, mediante a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (artigo 44.1) e no Diario Oficial de Galicia.

«Resolución:

Asunto: incoación de orde de execución para xestión da biomasa a Vaiben-Cons e a Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L. como propietarios da parcela con ref. cat. 9176943NH0887N0001PX.

Expediente: 2020/G003/000701.

Antecedentes:

Expediente: 2020/X999/000179 e 2020/X999/000246.

Procedemento: incoación de orde de execución.

Destinatarias: Vaiben-Cons, S.L. e Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L.

Referencia catastral: 9176943NH0887N0001PX.

Tipo de solo: urbano.

Logo de ver o informe-proposta do técnico da Administración xeral, coordinador-xeral, con data do 6.10.2020, que é do seguinte teor literal:

«Informe-proposta do TAX-coordinador xeral.

1. Antecedentes:

– Con data do 18.5.2020 (R.E. 202000000000516), María Jesús López Posse solicita a xestión da biomasa da parcela con referencia catastral 9176943NH0887N0001PX, lindeira coa súa propiedade e sita no lugar do Campo da Feira, nº 15 de Ponteceso.

– O 18.5.2020 a Policía Local do Concello de Ponteceso emite informe de inspección no que se pon de manisfesto a presenza de biomasa vexetal na parcela denunciada.

– Segundo recolle o Catastro, a parcela é propiedade de Vaiben-Cons, S.L. e Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L., resultando responsables da xestión da biomasa.

– O 10.6.2020 envíase requirimento a Vaiben-Cons, S.L. (R.S. 202000000000936) ordenándose que cumpra coa súa obriga de xestión da biomasa, imposta pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, pola Instrución 1/2018, do 26 de abril, e pola Ordenanza municipal non fiscal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do concello de Ponteceso, concedéndoselle un prazo máximo de 15 días naturais para o seu cumprimento voluntario.

– Intentada por dúas ocasións a notificación postal no domicilio relacionado en Catastro e ao resultaren ambas as dúas infrutuosas, procédese á súa notificación a través da publicación no BOE (núm.173, de data 22.6.2020) e no DOG (núm. 127, de data 29.6.2020), en aplicación do establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPACAP), no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e no punto oitavo, punto 1.c) da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento dos deberes de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas imposta pola Lei 3/2007.

– O 16.9.2020 o axente da Policía Local con TIP nº 215007, encargado da inspección, estende informe no que se pon de manifesto o incumprimento da obriga da xestión da biomasa, atendendo ás seguintes apreciacións:

a) Que se observa abundante maleza na parcela.

b) Que se acompaña reportaxe fotográfica.

– O 16.9.2020 emítese informe técnico sobre os custos estimados da execución subsidiaria que ascenden á cantidade de 1.170,68 euros, a reserva da valoración definitiva, unha vez finalizadas as actuacións correspondentes, e que se detallan así:

1.01...

m2...

Roza e retirada do material...

387,00 m2 ×1,10 €/m2 =

425,70 €

1.02...

m2...

Corta e retirada do arboredo...

387,00 m2 × 1,40 €/m2 =

541,80 €

Total execución material (i/ gg + bi) = ....

967,50 €

IVA 21,00 % =...

203,18 €

Total execución por contrata =...

1.170,68 €

2. Lexislación aplicable:

– Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

– Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

– Decreto 2187/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e Instrucción 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

– Ordenanza municipal non fiscal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do concello de Ponteceso (BOP núm. 149, do 7.8.2018).

3. Fundamentos xurídicos:

Do informe emitido polo arquitecto técnico municipal despréndese o incumprimento por parte dos propietarios da parcela da obriga de manter os seus terreos en condicións de seguridade e o correlativo deber do concello de ordenar a execución das obras para alcanzar esta seguridade, nun prazo determinado.

Por medio das ordes de execución o Concello exerce as súas competencias en orde a garantir o cumprimento do deber de conservación, que como parte integrante do dereito de propiedade e que asiste a todo propietario de terreos e construcións, co fin de mantelos nas debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato público, de conformidade coa normativa indicada (artigos 32.b) e 135.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; artigos 15.1.b) do RDL 7/2015, do 30 de outubro; artigo 10 do Decreto 2187/1978, do 23 de xuño); Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; Instrucción 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, así como ao disposto na Ordenanza municipal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do concello de Ponteceso. Polo tanto, a competencia é do municipio e correspóndelle ao alcalde o resolver.

Agora ben, como dispón a STS do 18 de setembro de 1989: «A intervención dos concellos en materia de policía urbana exixindo ao administrado o manter en condicións de seguridade, salubridade e ornato público a edificación que lle pertenza, ha de ser, como todo acto de intervención administrativa, congruente cos motivos e fins que o xustifiquen, concretando o alcance do mandato que debe ser axeitado e proporcional co fin que se persegue especificándose no acordo administrativo que impón a orde de execución de tales obras, cales haxan de ser estas coa descrición máis detallada posible para o mellor cumprimento por parte do obrigado. O requisito da previa concreción das obras que se han de realizar e o seu orzamento, na medida do racionalmente posible e previsible, xunto co requirimento ao interesado, constitúe orzamento necesario e imprescindible para a validez e eficacia xurídica de tal orde de execución».

No caso de incumprimento da orde de execución de obras, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria desta ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 300 a 6.000 euros, reiterables ata lograr a execución dos traballos ordenados, sen prexuízo de que o dito incumprimento poida dar lugar á tramitación dun procedemento sancionador de acordo ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais establece no seu artigo 21 que será obrigatorio, nas redes das faixas secundarias, «xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como arredor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte, de acordo cos criterios para a xestión de biomasa estipulados nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento. Ademais, nos primeiros 50 metros non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira desta lei. As distancias no caso de edificacións, vivendas illadas ou urbanizacións mediranse desde o seu paramento».

O artigo 22 da antedita lei sinala que a execución da biomasa farase de forma voluntaria antes do 31 de maio de cada ano e que no caso de incumprimento, os entes locais notificarán ás persoas responsables para que no prazo de quince días acometan as tarefas referidas.

No caso de incumprimento, transcorrido o devandito prazo, o concello procederá, sen máis trámites, á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais contemplados legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, unha vez transcorrido o prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

Tendo en conta o apartado décimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, da Consellería do Medio Rural, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas: «cando se constate a persistencia no incumprimento das obrigas incluídas no ámbito de aplicación desta instrución, logo do transcurso do prazo máximo para o cumprimento voluntario outorgado na pertinente comunicación ou requirimento, o órgano que enviou este procederá do modo seguinte:

a) Iniciará as actuacións para o cobramento da cantidade liquidada provisionalmente.

b) Ordenará a execución subsidiaria, contra a cal non se admitirán recursos en vía administrativa.

c) Pedirá simultaneamente ao órgano competente, de ser outro da mesma ou distinta Administración, que inicie o correspondente procedemento sancionador. A petición incluirá expresamente a solicitude de que se adopte como medida cautelar o comiso da madeira procedente da corta de especies arbóreas que deban ser retiradas, de ser o caso.

A incoación do procedemento sancionador en virtude do artigo 54.3 da Lei 3/2007, e do artigo 8 da precitada ordenanza municipal, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados, será competencia dos concellos. A competencia para sancionar as infraccións correspóndelle ao titular da Alcaldía ou concelleiro no que delegue, segundo o artigo 12 da citada ordenanza municipal.

Dependendo do tipo de infracción que se cometa, leve, grave ou moi grave, a contía máxima da sanción pecuniaria que se poderá impoñer (artigo 17 da ordenanza) será de 600 €, no caso de infracción leve, 1.500 €, se a infracción se cualifica de grave e 3.000 € se fose moi grave.

Á vista dos antecedentes e fundamentos que anteceden, elévase a seguinte (…)».

De conformidade coa referida proposta e logo de ver os documentos que forman o expediente, no uso das atribucións que me outorga a lexislación vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar expediente de orde de execución a Vaiben-Cons, S.L. con CIF núm. B-15644024 e a Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L. con CIF B70008024, como titulares da parcela con ref. catastral 9176943NH0887N0001PX, sita no lugar de Campo da Feira (Ponteceso), polo que, como responsables da xestión, deben de proceder, en consecuencia, a executar os traballos de xestión da biomasa vexetal, eliminando a vexetación herbácea, arbustiva e subarbustiva por medio da roza da mesma, procedendo ao triturado do material resultante ata que o mesmo poida ser incorporado ao substrato ou retirando os restos vexetais. O prazo para executar os traballos descritos será de quince días, que se contará desde a resolución que poña fin ao procedemento.

Segundo. Advertir aos interesados que transcorrido o prazo outorgado para o cumprimento voluntario, se se constata a persistencia no incumprimento da obriga da xestión da biomasa, procederase conforme establece o apartado décimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, da Consellería do Medio Rural, relativas ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas:

a) Iniciaranse as actuacións para o cobramento da cantidade liquidada provisionalmente.

b) Ordenarase a execución subsidiaria, contra a cal non se admitirán recursos en vía administrativa.

c) Pedirase simultaneamente ao órgano competente, de ser outro da mesma ou distinta Administración, que inicie o correspondente procedemento sancionador. A petición incluirá expresamente a solicitude de que se adopte como medida cautelar o comiso da madeira procedente da corta de especies arbóreas que deban ser retiradas, de ser o caso.

Terceiro. Aprobar a liquidación provisional dos custos estimados dos traballos de limpeza derivados da execución subsidiaria, por un importe de 1.170,68 euros, segundo o informe de valoración económica emitido polo servizos técnicos municipais o 16.9.2020, co seguinte detalle:

1.01...

m2...

Roza e retirada do material...

387,00 m2 × 1,40 €/m2 =

425,70 €

1.02...

m2...

Corta e retirada do arboredo...

387,00 m2 × 1,40 €/m2 =

541,80 €

Total execución material (i/ gg + bi) =

967,50 €

IVA 21,00 % =

203,18 €

Total execución por contrata =

1.170,68 €

Cuarto. Advertir os interesados que o incumprimento desta orde de execución subsidiaria, levará consigo, unha vez finalizados os traballos, á liquidación definitiva dos gastos ocasionados ao interesado, que serán única e exclusivamente ao seu cargo, e ao mesmo tempo á imposición de multas coercitivas de 300 a 6.000 euros, reiterables ata lograr a execución dos traballos ordenados, sen prexuízo de que o dito incumprimento poida dar lugar á petición ao órgano competente, isto é, o alcalde, en virtude do artigo 12 da Ordenanza municipal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do concello de Ponteceso, que inicie o correspondente procedemento sancionador. A petición incluirá expresamente a solicitude de que se adopte como medida cautelar o comiso da madeira procedente da corta de especies arbóreas que deban ser retiradas, de ser o caso.

Quinto. Outorgar a Vaiben-Cons, S.L. e a Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L. un prazo de audiencia de 10 días hábiles, que se contarán dende o día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, poñéndolles para tal efecto de manifesto o expediente, para que aleguen e presenten os documentos e xustificacións que estimen pertinentes ao seu dereito. Para tales efectos, poderán consultar o expediente administrativo instruído e obter as copias que estimen oportunas, para efectos dunha maior defensa dos seus intereses, de conformidade co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexto. Notificar esta resolución aos interesados a través da súa publicación no BOE e DOG, ao resultaren infrutuosas as notificacións iniciais practicadas nos seus domicilios, aos efectos do establecido no artigo 44 da LPACAP.

Sétimo. Dar conta ao Pleno na vindeira sesión ordinaria que se celebre.

Ponteceso, 7 de outubro de 2020

Xosé Lois García Carballido
Alcalde