Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42229

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 1906/2019).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse efectuar a notificación ao ser descoñecido o propietario, faise pública a resolución de execución da orde de execución para a xestión da biomasa vexetal, que esta alcaldía acordou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón do prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para executar a orde de xestión da biomasa vexetal. Advírtese de que, en caso de incumprimento desta orde de execución, e de acordo co establecido no número 4 do artigo 136 da Lei 2/2016, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria, de acordo co establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Nº expte.

Asunto

Propietario

Ref. catastral-Localización da parcela

1906/2019

Xestión da biomasa vexetal de parcela

Descoñecido

36005A203200470000MH sita en Calcote-Godos

Recursos. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

De se interpoñer o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal; daquela os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Caldas de Reis, 6 de outubro de 2020

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente