De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante esta cédula, ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto |
Persoas que se notifican |
Data do acto que se notifica |
Nº expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
P-01045: variante da PO-546 no termo municipal de Pontevedra entre O Regueiriño e a PO-11, clave N/PO/91.10.3 |
Hros. María Lugo Pereira |
12.3.2020 |
2019001320 |
163 |
640,35 |
P-01161: modificado nº 1 variante da PO-546 no termo municipal de Pontevedra entre O Regueiriño e a PO-11, clave N/PO/91.10.3-M1 |
Hros. María Lugo Pereira |
12.3.2020 |
2019001325 |
155 OT |
2.510,68 |
Hros. María Lugo Pereira |
12.3.2020 |
2019001326 |
155 CO2 |
358,65 |
|
P-01860: ampliación e urbanización da vía de conexión rúa Anido-rúa Manuel Murguía. Termo municipal de Oleiros |
Ramón Bermúdez de Castro Olavide |
12.3.2020 |
2019000920 |
C |
25.657,15 |
P-01862: itinerario peonil e ciclista na PO-300 Vilariño-polígono do Salnés, p.q. 9,310 a 10,270, clave PO/16/062.06 |
Juan Carlos Núñez Reboredo |
12.3.2020 |
2019000963 |
5 |
8.962,46 |
P-01879: autovía AG-59, treito A Ramallosa-enlace AC-241, clave GA/08/022.01.1. Termo municipal de Teo |
M. Natalia Senín Rial e outra |
25.6.2020 |
2020000188 |
43 P |
257,57 |
María Lourdes Dolores Rial Gallego |
25.6.2020 |
2020000189 |
44 P |
515,13 |
|
P-01881: parque eólico de Pena Forcada-Catasol II, expediente IN407A 2016/877-1 |
Carmen Insua Muñiz |
25.6.2020 |
2020000093 |
203 |
32.326,47 |