Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2020/163-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: San Luis 77, 28033 Madrid.

Denominación: reforma LMT RED709 e substitución apoio A4H75AFU.

Situación: Redondela.

Características técnicas: substitución na LMTA RED709 do apoio A4H75AFU, tipo HV-630/15, por un metálico de celosía tipo C-1000/20. Instalación de 65 metros de novo condutor LA-110 entre o apoio existente CH-2500/15 (A4G6OW41) e o proxectado e 61 metros entre este e o existente CH-2500/15 (A41921VC). A instalación está situada no lugar da Coviña, Redondela.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase a disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de setembro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Redondela; paraxe: A Coviña; titular: María Iriarte Cabaleiro; afección: 2,25 m2 para o apoio 1.