Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42269

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN519D).

Antecedentes.

1. O 28.9.2020, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación resolveu a dita Orde do 26 de decembro de 2019.

Consideracións legais e técnicas.

1. O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e o artigo 26 do anexo I da Orde do 26 de decembro de 2019 establecen que se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar o extracto das axudas outorgadas pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ao abeiro da devandita Orde do 26 de decembro de 2019.

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN519D).

b) Aplicación orzamentaria: 09.20.732A.760.0.

c) Crédito orzamentario: 4.249.357,72 €.

d) Destinatarios: concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Finalidade: o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento en Galicia.

f) Beneficiarios e importe das axudas: no anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios co seu importe correspondente.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Subvencións concedidas

Núm. expediente

Beneficiario

NIF

Contía da axuda (€)

IN519D 2020/04-0

Concello de Aranga

P1500300G

935.793,07

IN519D 2020/06-0

Concello de Chantada

P2701600E

1.000.000,00

IN519D 2020/07-0

Concello de Coirós

P1502700F

204.417,82

IN519D 2020/01-0

Concello de Cortegada

P3202800C

135.991,57

IN519D 2020/08-0

Concello de Dozón

P3601600D

19.197,58

IN519D 2020/02-0

Concello de Valga

P3605600J

1.000.000,00

IN519D 2020/05-0

Concello de Vedra

P1509000D

702.438,97

IN519D 2020/03-0

Concello de Vilamarín

P3208800G

30.619,35