Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, da praza/posto de director/a de Área de Desenvolvemento Urbano Sostible.

No BOP da Coruña número 161, do 28 de setembro de 2020, publícanse as bases específicas da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, da seguinte praza/posto de traballo:

– Director/a de Área de Desenvolvemento Urbano Sostible do Concello de Santiago de Compostela.

O prazo de presentación de solicitudes é de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2020

O alcalde
P.D. (Xunta de Goberno Local do 24.6.2019)
Marta Abal Rodríguez
Concelleira delegada de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración Local