Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle das parcelas C3c01a e C3c01b do parque empresarial da Sionlla.

A Xunta de Goberno Local da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 3 de agosto de 2020, adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle das parcelas C3c01a e C3c01b do proxecto de reparcelación do parque empresarial da Sionlla, formulado por iniciativa particular de Ascendum Maquinaria, S.L.U., segundo o proxecto presentado o 11.6.2020, coas seguintes condicións:

1ª. En cumprimento do exixido polo artigo 193.1.a) do Regulamento da Lei do solo de Galicia (RLSG), achegarase un estudo comparativo da superficie edificable que resulta das determinacións previstas no proxecto sectorial e das que se obteñen no estudo de detalle, xustificando o cumprimento do disposto no artigo 192.2 do RLSG.

2ª. Reformarase a epígrafe 4 (determinacións da ordenación proposta) como de seguido se indica:

4.2.1. Onde di «se elimina a liña de alineación obrigatoria», debe dicir:

Defínese a área de movemento da edificación dentro das liñas de edificación e recuamentos sinalados no proxecto sectorial. Preservarase (....).

Engadirase un apartado 4.2.4 co seguinte teor: o acceso rodado pola rúa do País Vasco non afectará a árbore existente, de xeito que o vado que se execute para pasar do nivel de calzada ao nivel da beiravía deixe sempre unha separación co tronco da árbore de polo menos 1,50 metros.

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da LSG e 194 do seu regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral do patrimonio cultural, en cumprimento do esixido polo artigo 34.2 da Lei 5/2016, do Patrimonio Cultural de Galicia.

Con data do 2 de setembro de 2020, a promotora presentou un documento de formalización do sinalado no acordo de aprobación inicial.

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará á disposición dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do concello https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-das-parcelas-C3c01a-e-C3c01b-do-Parque-empresarial-da-Sionlla-/gl .

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2020

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019 do 17 de xuño de 2019)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica