Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42406

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de aprobación do texto inicial do convenio urbanístico para a execución do planeamento na rúa Méndez Núñez 45 (expediente 2831/2017).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas, en sesión ordinaria do 17 de agosto de 2020, acordou:

Primeiro. Aprobar inicialmente o convenio urbanístico para a monetización do aproveitamento de cesión sita na rúa Méndez Núñez 45, Cangas, de execución de planeamento para subscribir entre o Concello de Cangas e Velázquez Inmobiliaria, S.L.

Segundo. Que se notifique o acordo de aprobación inicial aos propietarios e titulares de dereitos que consten no Rexistro da Propiedade para efectos de audiencia por un prazo dun mes, debendo achegar os propoñentes do convenio a relación de afectados precisa para cumprir ese trámite.

Asinado o convenio, sométese ao trámite de información pública, por un período dun mes, de conformidade co establecido no artigo 168 da Lei do solo de Galicia, contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

Tras a información pública, de non presentarse alegacións, o texto inicial aprobado e o documento administrativo asinado entenderanse definitivos sen necesidade de nova sinatura nin da súa ratificación pola Xunta de Goberno Local, producindo esta aprobación a formalización acordada con plenos efectos xurídicos. Calquera das partes poderá solicitar a elevación do documento administrativo a escritura pública. O texto íntegro do convenio publicarase no Diario Oficial de Galicia e anotarase no Rexistro de Convenios, e remitirase unha copia ao arquivo de convenios, de conformidade co previsto no artigo 403 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

Durante o período de información pública, o expediente estará á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Cangas www.concellodecangas.gal e no Departamento de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións coiden convenientes.

Cangas, 21 de agosto de 2020

Xosé Manuel Pazos Varela
Alcalde