Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 27 de outubro de 2020 Páx. 42704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 99/2020).

María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 99/2020, seguido por instancia de Adriana Cameán Loureiro contra Confecciones Torres Tasende, S.L., sobre reclamación de cantidade recoñecida en sentenza, se ditaron auto despachando execución e decreto de embargo, con data do 22 de setembro de 2020, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Confecciones Torres Tasende, S.L. e o seu administrador, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza