Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 20/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Franscisco Javier García Rey contra Fondo de Garantía Salarial, Elaborados Metálicos Emesa, S.L., Soil Recovere, S.L. e Grupo Soil sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:
Resolvo:
Estímase a demanda formulada por Francisco Javier García Rey fronte á empresa Elaborados Metálicos Emesa, S.L., a súa administración concursal, Soil Recovere, S.L. e Grupo Soil, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, en consecuencia:
– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Elaborados Metálicos Emesa, S.L. ao traballador.
– Condénase a empresa Elaborados Metálicos Emesa, S.L.. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do traballador ou o aboamento dunha indemnización de 1.547,87 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 62,54 euros diarios, vinculando tales cantidades ao administrador concursal.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que sirva de notificación en legal forma a Soil Recovere, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 5 de outubro de 2020
A letrada da Administración de xustiza


