Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 28 de outubro de 2020 Páx. 42955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria e bases para a cobertura en propiedade de tres prazas de conserxes.

Resolución número 1851/2020, do 11 de agosto de 2020, do Concello de Arteixo (A Coruña) referente á convocatoria e bases para a cobertura en propiedade de tres prazas, persoal laboral, de conserxes.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, núm. 160, do 25 de setembro de 2020, publicáronse integramente as bases que deberán rexer a convocatoria, para cobertura en propiedade de tres prazas, persoal laboral, de conserxes.

As instancias solicitando tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 25 de setembro de 2020

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente