Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 42973

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (Diario Oficial de Galicia número 37, do 24 de febreiro).

Artigo único

De conformidade coas previsións contidas no Regulamento 1071/2009, do 21 de outubro; na Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo; na Lei 16/1987, do 30 de xullo; no Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, e na Orde do Ministerio de Fomento do 28 de maio de 1999, e de acordo coa autorización conferida pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 8 de xuño de 1989, modifícase a composición do tribunal designado no punto 10.a) da Resolución do 13 de febreiro de 2020 que se cita no encabezamento, no seguinte sentido:

Noméase como secretaria suplente a:

Ana María Gómez Iglesias, que substitúe a Xesús do Río da Torre.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade