Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 42974

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 19 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega (código de procedemento SA463I).

O Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo, foi creado pola Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, e está adscrito á Consellería de Sanidade e os seus fins e funcións regúlanse no capítulo I do título VI da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Así mesmo, segundo o Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, a través da Subdirección Xeral de Atención Primaria, é a responsable de desenvolver as actuacións sanitarias en relación coa saúde mental nos centros sanitarios, así como a rede de centros de drogodependencias, e de impulsar a cooperación e coordinacións cos órganos ou unidades da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competentes en materia de servizos sociais, de cara a fomentar o desenvolvemento e a integración das prestacións sociosanitarias.

Segundo este decreto, as funcións do Servizo de Saúde Mental son as seguintes:

a) A definición, implantación e coordinación do plan, programas e actividades en relación coa saúde mental.

b) O establecemento e seguimento dos obxectivos e indicadores no ámbito da saúde mental, necesarios para conseguir a total integración asistencial e a efectiva continuidade de coidados, así como a avaliación de estes.

c) A coordinación e xestión da rede de centros asistenciais de drogodependencias.

d) En xeral, aquelas outras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

A estratexia SERGAS 2020 dentro da liña estratexia número 3 establece que é preciso atender aos colectivos de persoas con procesos crónicos reorientando a prestación dos servizos ás súas necesidades. No eido das persoas con problemas de saúde mental, enumera aqueles colectivos que teñen que ser obxecto dunha maior atención: persoas con depresión e risco de suicidio, persoas con trastorno mentais nas idades extremas da vida (anciáns e infancia), as persoas con trastornos do neurodesenvolvemento e as persoas que experimentan trastornos psicolóxicos secundarios a situacións catastróficas.

No actual contexto sociosanitario cómpre favorecer o desenvolvemento de novos programas que dean resposta ás necesidades das persoas con trastorno mental e adiccións, patoloxías que están suxeitas a un posible incremento na súa prevalencia debido ás medidas adoptadas para a contención da epidemia da COVID-19. Por outra banda, cómpre promover programas que poidan levarse a cabo en condicións de distanciamento social e eventual illamento.

Por iso, o Goberno galego vén de aprobar o Plan de Saúde Mental post COVID-19 período 2020-2024 que ten como obxectivo principal realizar accións que melloren a asistencia aos trastornos mentais e diminúan o impacto que producen na persoa e nos seus achegados, especialmente tras a incidencia da epidemia na poboación galega.

En concreto, a liña 1: «Participación, Autonomía e Sensibilización» incide na importancia de lograr a participación efectiva da persoa doente nos seus coidados e de prestar apoio ás persoas coidadoras.

A liña 2: «A Recuperación como meta» ten como obxectivo a atención ao trastorno mental grave, mediante a detección en primeiros episodios, e o favorecemento da empregabilidade das persoas con trastorno mental severo. Ademais, tamén ten entre os seus obxectivos a intervención na comunidade.

A liña 3: «Gobernanza, Coordinación e Transversalidade» ten entre os seus obxectivos o de mellorar a coordinación co ámbito xudicial.

A liña 4: «Saúde mental na infancia e na adolescencia» ten como obxectivos, entre outros, a prevención e a identificación dos trastornos mentais do/da neno/a e do/da adolescente e a implantación de programas de atención ao trastorno mental severo infantoxuvenil.

En consonancia cos obxectivos establecidos neste plan, nesta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de subvencións ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega.

Por todo o exposto, conforme o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia; polo Decreto 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e polo Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para os fins para os que foron establecidos,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto e procedemento

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega (código de procedemento SA463I).

O contido dos programas, que se desenvolverán durante os anos 2020 e 2021, deberán axustarse ás liñas de actuación indicadas no artigo 3 de esta orde, de conformidade coa tipoloxía de cada programa recollido no anexo I.

Artigo 2. Normativa aplicable

As solicitudes, a súa tramitación e a súa resolución axustaranse ao previsto nesta orde.

Aos aspectos non contidos nesta orde aplicaráselle o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os do seu regulamento de execución; así como a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; e demais normativa de aplicación.

Artigo 3. Financiamento e programas subvencionables

1. Para o financiamento destas axudas destínase crédito por un importe total de 421.746,20 euros procedentes do tramo autonómico da asignación tributaria do 0,7 % do IRPF destinado á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario, con cargo ao código de proxecto 201800005 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020. As aplicacións orzamentarias e os créditos de cada liña quedarán desagregados do seguinte xeito:

Liñas de actuación

Importe

Aplicación
orzamentaria

Liña I. Proxectos de investimento en melloras nos centros cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais, psicosociais ou preventivos en materia de trastornos adictivos e trastornos mentais

155.940,66 €

50.01.413A.781.30

Liña II. Programas sociosanitarios de detección e intervención comunitaria de persoas en risco de presentar un trastorno mental, incluídos os trastornos adictivos

165.805,54 €

50.01.413A.481.30

Liña III. Programas para favorecer a empregabilidade e a incorporación sociolaboral de persoas con trastorno mental severo e adiccións

100.000,00 €

50.01.413A.481.30

2. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

No caso de que se producise este incremento de crédito repartiríase do seguinte xeito:

a) Faríase unha repartición entre as entidades que, superando o limiar mínimo de puntuación, non recibiron subvención ou non acadaron o 100 % do solicitado na asignación ordinaria.

b) Este nova repartición faríase seguindo o mecanismo de asignación establecido no artigo 13, é dicir, por orde de prelación e ata o esgotamento do novo crédito.

c) A xustificación deste novo crédito dispoñible faríase do mesmo xeito que o crédito inicialmente outorgado a cada entidade.

3. Cada entidade soamente poderá presentar como máximo 1 programa por cada unha das liñas especificadas.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e outras organizacións, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituídas, polo menos, con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración. Este requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes que establece o artigo 8.3. En todo caso, a entidade deberá estar debidamente inscrita no momento de pagamento da subvención.

b) Carecer de ánimo de lucro.

c) Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.

e) Que teña explicitamente entre os seus fins estatutarios actividades de axuda e apoio aos colectivos aos que se dirixe a subvención: persoas con trastorno mental ou adiccións.

f) As entidades que formen parte dunha federación ou persoa xurídica similar de ámbito autonómico deberán solicitar as axudas a través de estas.

g) Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materias necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.

2. Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica nos seguintes termos:

a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no punto anterior.

b) Deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención que se lle vai aplicar a cada un deles.

c) Deberán nomear unha persoa en representación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.

d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. No caso de que algunha das entidades solicitantes sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo a varias entidades, poderá propoñer de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante.

4. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Consideraranse como gastos subvencionables os que conten coas seguintes características:

a) Que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios. O programa e actuacións que abrangue deberá coincidir co contido da resolución de concesión da subvención e, se é o caso, coas modificacións autorizadas e deberase acreditar o cumprimento das obrigas establecidas na normativa aplicable.

b) Realizados desde a data do 1 de marzo de 2020 ata o 31 de marzo de 2021 e efectivamente pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación (30 de abril de 2021). Exceptuaranse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior, por axustáranse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) no cal se reflicta o importe de retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación, quedando obrigada a entidade subvencionada a presentar os documentos acreditativos da súa liquidez nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario; e

c) Que teñan a seguinte natureza:

1º. Gastos do persoal laboral da entidade: custo total que abranguerá as retribucións e os custos de Seguridade Social correspondentes á empresa. Soamente serán subvencionables os gastos do persoal que figure relacionado na memoria da solicitude do programa, e soamente será subvencionable na porcentaxe imputada que se corresponda co número de horas dedicadas ao programa indicados na antedita memoria, excepto que por necesidades debidamente xustificadas sexa necesario modificar esta. Calquera modificación deberá ser comunicada nun prazo máximo de trinta (30) días desde o momento no que se produza. No caso contrario non se aceptará o gasto.

As retribucións brutas anuais imputables á subvención, tanto do persoal laboral como do que estea en réxime de arrendamento de servizos, incluídos os complementos ou pluses de contía fixa e carácter habitual, non poderán exceder en ningún caso da seguinte táboa salarial para os diferentes grupos de cotización da Seguridade Social.

Grupo I

33.225,23 €

Grupo II

26.580,40 €

Grupo III

23.257,45 €

Grupo IV

19.934,50 €

Grupo V

16.621,61 €

Grupo VI e VII

13.289,67 €

Grupo VIII

11.074,72 €

Para xornadas inferiores ás corenta horas realizarase o cálculo proporcional, segundo indica o artigo 9 do Real decreto 729/2017, do 21 de xullo, polo que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvenciones para a realización de actividades de interese xeral con cargo á asignación tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondentes á Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade.

Soamente terán consideración de subvencionables os custos nos que incorran as entidades beneficiarias respecto ao persoal en situación de incapacidade laboral temporal cando a baixa por traballador non supere os trinta días para un mesmo contrato laboral durante o período de execución do programa.

2º. Gastos de persoal en réxime de arrendamento de servizos.

Este tipo de contrato soamente se admitirá no caso de que non resulte axeitado o desenvolvemento das actividades concretas de que se trate por persoal suxeito á normativa laboral vixente. Non poderá recorrerse a persoas traballadoras autónomas dependentes.

En consecuencia procederá en supostos de contratación de persoas que exerzan profesións liberais para as que se exixa colexiación e outras persoas expertas pertencentes ao terceiro sector social, cando concorran as seguintes circunstancias:

– Que estea dado de alta segundo o modelo 036 de declaración censual.

– Que non estea dentro do ámbito da organización da entidade subvencionada ou reciba instrucións concretas de esta no referente a modo de execución do traballo encomendado.

– Que non estea suxeito a un horario fixo.

– Que asuma os riscos derivados da prestación do servizo.

3º. Axudas de custo e gastos de viaxe, en función das contías fixadas para o grupo 2 no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns do servizo ao persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non superen no seu conxunto o 3 % do importe total subvencionable do programa excepto que, en atención á súa natureza, sexa autorizada outra porcentaxe. O importe subvencionable de cada axuda de custo ou gasto de viaxe será, como máximo:

Aloxamento

65,97 €

Manutención

37,40 €

Quilometraxe

0,19 €/km

4º. Gastos de xestión e administración directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa, incluíndo os custos xerais de estrutura necesarios e indispensables para a súa axeitada preparación ou execución. Poderán imputarse os derivados de auditorías externas sobre a xestión do programa por parte da entidade e da revisión da conta xustificativa.

5º. Outros gastos correntes directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa.

Os gastos de alugamento así como os correntes de subministracións (auga, luz...) non poderán ser imputados ao 100 % agás que se certifique que ese gasto corresponde de xeito exclusivo á realización da actividade do programa subvencionado. No caso contrario soamente se poderá imputar unha porcentaxe proporcional ao custo do desenvolvemento do programa sobre o orzamento da entidade.

6º. Gastos de investimento referidos ao equipamento (incluído material informático, tablets, etc.), obras de reforma, restauración e rehabilitación, gran reparación, conservación, mantemento e adquisición de subministracións, equipamento e vehículos, no caso de beneficiarios de subvencións para o desenvolvemento de proxectos dentro da liña de actuación I.

2. Non serán subvencionables os gastos orixinados polas actividades realizadas na condición de integrante das xuntas directivas ou consellos de dirección das entidades.

3. O custo da adquisición dos gastos subvencionables non poderá ser superior ao valor de mercado.

4. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades solicitantes.

Artigo 6. Subcontratación

Enténdese que unha entidade subcontrata cando concerta con terceiras persoas a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto desta subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer a entidade para a realización por si mesma da actividade subvencionada.

Será de aplicación o disposto nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A entidade beneficiaria poderán subcontratar ata o 80 % do proxecto, e en ningún caso concertará a execución parcial ou total das actividades subvencionadas con persoas ou entidades que tivesen recibido outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

Este 80 % inclúe tanto a subcontratación con outras entidades/empresas como ao persoal en réxime de arrendamento de servizos.

Artigo 7. Compatibilidade das axudas

1. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, agás as obtidas para o ano 2020 en virtude da Resolución do 3 de decembro de 2019 pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 13 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e os trastornos adictivos, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (DOG núm. 241, do 19 de decembro).

2. O importe da subvención concedida non poderá ser en ningún caso de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos supere o custo do correspondente programa. En caso contrario, esta subvención reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.

3. No caso de entidades solicitantes que sexan perceptoras doutras axudas para a mesma finalidade concedidas por outra entidade, deberán acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente á execución das actuacións. En todo caso, deberá/n facerse constar de forma clara o/s concepto/s de gasto/s afectado/s, así como o/s importe/s imputados/s a cada unha delas. A comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

Artigo 8. Iniciación do procedemento. Solicitudes

1. As entidades deberán achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo II dirixida á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, á que se acompañará a documentación complementaria que se indica no artigo seguinte. A súa presentación implica a aceptación da totalidade de prescricións previstas nesta orde así como na demais normativa aplicable.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal.

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Os sábados e os festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.

4. Na solicitude, anexo II, asinada pola persoa representante da entidade, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nesta orde e demais normativa aplicable:

a) A identificación da entidade solicitante, da persoa representante da entidade, o enderezo electrónico para notificacións e os datos bancarios.

b) Os datos do/s programa/s respecto do/s que se solicita subvención: denominación, liña e importe solicitado.

c) As declaracións sobre:

1º. Outras subvencións solicitadas ou concedidas, veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiaria, cumprimento de requisitos, coñecemento de obrigas e acordo coas actuacións de control.

2º. Que todo o persoal contratado que vai participar no proxecto non foi condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, así como que as persoas voluntarias que van participar no proxecto e que están relacionadas con menores de idade non teñen antecedentes penais non cancelados por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos/das fillos/as, ou por delitos de tráfico ilegal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo en programas cuxas persoas destinatarias fosen ou poidan ser vítimas destes delitos, en aplicación do previsto no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, de voluntariado.

d) A indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición á consulta dos documentos sinalados no artigo 9.1.

Artigo 9. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As entidades deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) A documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no Rexistro administrativo da comunidade autónoma.

b) O certificado de posuír certificados de calidade en vigor en base á norma ONG con calidade, ISO 9001:2015, EFQM ou outros sistemas de calidade que garantan o control de procesos e programas, de ser o caso.

c) O certificado de estar sometido a auditoría externa de contas, de ser o caso.

d) O plan de igualdade actualizado, de ser o caso.

e) O documento dos compromisos de execución asumidos por cada membro e importe da subvención para aplicar a cada un, no caso das agrupacións sen personalidade xurídica segundo o modelo do anexo VI.

f) O documento específico para valoración das entidades (anexo V).

g) Estatutos debidamente dilixenciados.

2. No caso de solicitar subvención para programas das liñas II ou III, ademais da documentación especificada no punto 1 do presente artigo, deberán achegar unha memoria explicativa por cada programa respecto dos que se solicita subvención, segundo o modelo do anexo III.

3. No caso de solicitar axudas para programas da liña I, ademais da documentación especificada no punto 1 do presente artigo, deberán achegar:

a) Memoria do investimento segundo o modelo do anexo IV.

b) A seguinte documentación dependendo do tipo de proxecto presentado:

1. Proxectos de investimento para a realización de obras de reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación para a prestación de servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos e proxectos de investimento para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos (liña 1 letras a) ou b):

1.1º. Certificado do Rexistro da Propiedade que acredite que o inmoble onde se realizan as obras é propiedade da entidade ou contrato de alugueiro ou cesión e autorización do propietario no caso de que a obra se realice nun local alugado ou cedido.

1.2º. Planos de actuación.

1.3º. Anteproxecto orzamentado ou proxecto de obras, axustado á normativa vixente e coas especificacións técnicas e arquitectónicas axeitadas aos usuarios do centro. Cando se trate de obras de menor contía (conservación e reparación de menor contía) deberá presentarse, no seu lugar, orzamento detallado e memoria asinada polo contratista.

1.4º. O informe sobre a viabilidade urbanística e a acreditación da posibilidade legal de obter as licenzas e os permisos necesarios.

Cando o custo da obra sexa superior aos 40.000 euros, deberán achegarse como mínimo tres ofertas distintas de provedores distintos, debendo xustificarse a elección dunha de estas, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. Proxectos de adquisición de subministracións, equipamento e vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos (liña 1 letra c):

2.1º. O orzamento da empresa subministradora, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar. Cando o custo sexa superior aos 15.000 euros, deberán achegarse como mínimo tres ofertas distintas de provedores distintos, debendo xustificarse a elección dunha destas, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) O NIF da entidade solicitante.

b) O DNI ou NIE da persoa representante.

c) O certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) O certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.

e) O certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da comunidade autónoma.

f) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente (anexo II) e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada situada na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Instrución do procedemento

1. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes de concesión das subvencións será o de concorrencia competitiva, de acordo co artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, coas concrecións que se establecen nos parágrafos seguintes.

2. O órgano instrutor do procedemento será a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde. A Subdirección Xeral de Atención Primaria, a través do Servizo de Saúde Mental realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación de datos que deben motivar a proposta de resolución.

3. Se se comprobase que non cumpre os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación obrigatoria que debe presentarse contén erros ou é insuficiente, faráselle un único requirimento á entidade solicitante para que no prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixeren nun prazo de dez días hábiles, considerarase que desistiron da súa solicitude, logo da resolución que así o declare, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

4. Transcorrido o prazo de emenda e determinadas aquelas solicitudes que se admiten por reunir os requisitos exixidos nesta orde, estas serán sometidas aos criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes que se relacionan no número 1 do artigo 14.

5. Durante a instrución do procedemento, constituirase como órgano colexiado unha Comisión de Valoración que examinará as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos de valoración dos programas establecidos no número 2 do artigo 14.

Esta Comisión de Valoración será a encargada de emitir o informe no que se concrete o resultado final da avaliación das solicitudes efectuada conforme aos dous tipos de criterios citados, de conformidade co parágrafo segundo do artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

6. A Comisión de Valoración comunicará este informe ao órgano instrutor que formulará a proposta de resolución e a elevará ao órgano competente para resolver.

Artigo 13. Comisión de Valoración

1. A comisión estará integrada polos seguintes membros:

a) A persoa titular da Subdirección Xeral de Atención Primaria que exercerá a presidencia. De ser o caso, será substituída pola persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa.

b) A persoa que desempeñe a xefatura do Servizo de Saúde Mental. No seu caso, será substituída pola persoa que desempeñe a xefatura do Servizo de Coordinación Sociosanitaria.

c) Dúas persoas de entre o persoal técnico do Servizo de Saúde Mental asumindo unha delas a secretaría. De ser o caso, serán substituídos por persoal técnico do Servizo de Coordinación Sociosanitaria.

No caso de ausencia dalgunha das persoas que a integran, serán substituídas polas persoas designadas pola persoa que exerza a presidencia.

Na composición da Comisión de Valoración procurarase acadar una presenza equilibrada de homes e mulleres.

2. A orde de prelación para a concesión das subvencións determinarase en función da puntuación obtida por valoración dos criterios establecidos no artigo 14, non podéndose conceder subvención ás solicitudes que non obteñan unha puntuación mínima global de 50 puntos.

Para a determinación do importe da axuda que corresponde a cada un dos programas que superen o limiar de puntuación mínima previsto na epígrafe anterior procederase do seguinte modo:

a) Dentro de cada unha das liñas de actuación, ordenaranse os programas segundo a puntuación total acadada, de maior a menor.

b) A Comisión de Valoración determinará cal é o orzamento subvencionable de cada programa, sendo este igual á axuda solicitada coa exclusión daqueles gastos que non sexan elixibles ou que non sexan estritamente necesarios para acadar a finalidade da subvención.

c) Dividirase o crédito orzamentario dispoñible na liña entre o total de puntos dos proxectos que superen o limiar de puntuación mínima, así obterase o valor en euros de cada punto. A contía que se asignará a cada proxecto obterase de multiplicar o valor en euros de cada punto polos puntos obtidos por cada proxecto.

d) No caso de que, tras a realización da repartición, quede crédito dispoñible na liña reasignarase, calculando un novo euro/punto con base na suma das puntuacións destes proxectos que aínda non acadaron o 100 % da contía solicitada e o resto orzamentario dispoñible.

e) Se finalizadas estas operacións seguise existindo algún resto orzamentario na liña, volvería repartirse de acordo coa metodoloxía expresada neste parágrafo ata que este resto se esgote ou que todos os proxectos que superaron o limiar mínimo de puntuación teñan asignado o 100 % solicitado.

f) De darse o caso de que todos os proxectos da liña II acaden o 100 % solicitado e aínda quede resto orzamentario por repartir nesa liña, este resto sumaríase integramente á cantidade para repartir na liña III. No caso de que todos os proxectos da liña III acaden o 100 % solicitado e aínda quede resto orzamentario por repartir nesa liña, este resto sumaríase integramente á cantidade para repartir na liña II.

No caso de que o excedente se produza na liña I este quedaría sen asignar.

Artigo 14. Criterios de valoración

Para a adxudicación das subvencións teranse en conta os criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes e dos programas, e a ponderación deles que a continuación se relacionan:

1. Criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes:

a) A implantación (máximo de 10 puntos): valorarase o maior ámbito territorial das actuacións e programas realizados pola entidade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia nos últimos dous anos. Para estes efectos, outorgaranse:

1º. Ás entidades que desenvolvan actuacións en dúas provincias: 5 puntos.

2º. Ás entidades que desenvolvan actuacións en tres provincias: 7,5 puntos.

3º. Ás entidades que desenvolvan actuacións nas catro provincias: 10 puntos.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta o seu ámbito territorial.

b) A experiencia na xestión e execución de programas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (máximo 10 puntos): valorarase a especialización e experiencia na xestión e execución de programas sociais de similar natureza aos programas para os que solicita subvención nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria. Para estes efectos outorgaranse:

1º. Ás entidades que teñan unha experiencia dun ano: 2 puntos.

2º. Ás entidades que teñan unha experiencia de dous anos: 4 puntos.

3º. Ás entidades que teñan unha experiencia de tres anos: 6 puntos.

4º. Ás entidades que teñan unha experiencia de catro anos: 8 puntos.

5º. Ás entidades que teñan unha experiencia de cinco anos: 10 puntos.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta a experiencia da propia confederación, federación ou agrupación, ou a das entidades que a integren, tendo en conta neste último caso que para acadar a puntuación anterior deben contar coa experiencia exixida en cada un dos tramos anteriores un mínimo do 20 % das entidades integrantes.

c) A calidade na xestión da entidade (máximo de 1,5 puntos): valorarase con 1,5 puntos ás entidades que conten con certificados de calidade en vigor en base á norma ONG con calidade, ISO 9001:2015, EFQM ou outros sistemas de calidade que garantan o control de procesos e programas. Soamente se valorará no caso de acreditalo documentalmente.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, a máxima puntuación outorgase cando estas ou todas as entidades que as integran ostenten o certificado. Noutro caso a puntuación outorgase de acordo co seguinte criterio:

1º. Máis do 20 % e ata o 50 % das entidades contan co certificado: 0,5 puntos.

2º. Máis do 50 % e ata o 70 % das entidades contan co certificado: 1 punto.

3º. Máis do 70 % das entidades contan co certificado: 1,5 puntos.

d) A auditoría externa (máximo de 1,5 puntos): valorarase con 1,5 puntos á entidade que conte con auditoría externa de contas. Soamente se valorará no caso de acreditalo documentalmente.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, a máxima puntuación outorgase cando estas ou todas as entidades que as integran estean sometidas a auditoría externa. Noutro caso a puntuación outorgase de acordo co seguinte criterio:

1º. Máis do 20 % e ata o 50 % das entidades están sometidas a auditoría: 0,5 puntos.

2º. Máis do 50 % e ata o 70 % das entidades están sometidas a auditoría: 1 punto.

3º. Máis do 70 % das entidades están sometidas a auditoría: 1,5 puntos.

e) O orzamento (máximo de 4 puntos): valorarase o volume do orzamento da entidade no último ano, ou da súa delegación na Comunidade Autónoma de Galicia cando esta sexa de ámbito nacional, de acordo coa seguinte distribución:

1º. Orzamento anual de importe superior a 25.000,00 euros e igual ou inferior a 100.000,00 euros: 1 punto.

2º. Orzamento anual de importe superior a 100.000,00 euros e igual ou inferior a 250.000,00 euros: 2 puntos.

3º. Orzamento anual de importe superior a 250.000,00 euros e igual ou inferior a 500.000,00 euros: 3 puntos.

4º. Orzamento anual de importe superior a 500.000,00 euros: 4 puntos.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta a suma do orzamento de todas as entidades que as integran.

f) O financiamento obtido doutras institucións (máximo de 1 punto): valorarase o volume de ingresos procedente da financiamento obtido doutras entidades públicas ou privadas, de acordo cos seguintes tramos:

1º. 0,5 puntos ás entidades con, cando menos, o 5 por cento e ata o 10 por cento do seu orzamento obtido con financiamento alleo.

2º. 1 punto ás entidades con máis do 10 por cento do seu orzamento obtido con financiamento alleo.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta a porcentaxe de financiamento obtido por todas as entidades que a integran respecto do orzamento total de todas elas.

g) A participación social e o voluntariado (máximo de 3 puntos): valorarase o maior número de persoas voluntarias inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia por parte da entidade solicitante, sempre e cando as ditas entidade actúe nas mesmas áreas de actividade obxecto desta orde, de acordo co seguinte criterio:

1º. De 1 a 20 persoas voluntarias: 1 punto.

2º. De 21 a 50 persoas voluntarias: 1,5 puntos.

3º. De 51 a 100 persoas voluntarias: 2 puntos.

4º. De 101 a 200 persoas voluntarias: 2,5 puntos.

5º. Máis de 200 persoas voluntarias: 3 puntos.

Para tal efecto, teranse en conta os datos de inscrición no dito rexistro na data de publicación desta orde.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta a suma do número de persoas voluntarias cos que contan todas as entidades que as integran, sempre e cando as ditas entidades actúen nas mesmas áreas de actividade obxecto desta orde.

h) A adecuación de recursos humanos (máximo de 9 puntos): valorarase o persoal contratado pola entidade solicitante no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme aos seguintes criterios:

1º. O volume de recursos humanos: valorarase o número de persoal contratado pola entidade solicitante no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

a. De 3 e ata 10 traballadores: 1,5 puntos.

b. Máis de 10 e ata 50 traballadores: 2 puntos.

c. Máis de 50 e ata 100 traballadores: 2,5 puntos.

d. Máis de 100 traballadores: 3 puntos.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta o número total de persoas traballadoras de todas as entidades que as integran.

2º. A proporción do persoal asalariado con contrato indefinido da entidade.

a. Ata o 50 %: 0,5 puntos.

b. Máis do 50 % e ata o 70 %: 0,75 puntos.

c. Máis do 70 %: 1 punto.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta a porcentaxe de contratos indefinidos de todas as entidades en relación co cadro de persoal laboral de todas elas.

3º. A proporción do emprego de persoas con discapacidade en relación co número total de persoas remuneradas.

a. Desde o 2 % ata o 10 %: 0,5 puntos.

b. Máis do 10 % e ata o 20 %: 0,75 puntos.

c. Máis do 20 %: 1 punto.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta a porcentaxe de persoas con discapacidade contratadas por todas as entidades en relación co cadro de persoal laboral de todas elas.

4º. O emprego de persoas perceptoras da Risga ou que se atopen en situación ou risco de exclusión social conforme ao artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia: outorgarase 1 punto ás entidades que teñan contratada polo menos a unha persoa que se atope nas circunstancias indicadas.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións a puntuación máxima se outorga cando todas as entidades que as integran teñan contratado cando menos a unha persoa en situación ou risco de exclusión social. Noutro caso a puntuación outorgarase de acordo co seguinte criterio:

a. Máis do 20 % e ata o 50 % das entidades contan cunha persoa contratada en risco ou situación de exclusión: 0,50 puntos.

b. Máis do 50 % e ata o 70 % das entidades contan cunha persoa contratada en risco ou situación de exclusión: 0,75 puntos.

c. Máis do 70 % das entidades contan cunha persoa contratada en risco ou situación de exclusión: 1 punto.

5º. O emprego de mulleres vítimas de violencia de xénero que non estean en situación ou risco de exclusión social conforme ao artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro: outorgarase 1 punto ás entidades que teñan contratada cando menos a unha persoa que se atope nas circunstancias indicadas.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións a puntuación máxima se outorga cando todas as entidades que as integran teñan contratado cando menos a unha muller vítima de violencia de xénero. Noutro caso, a puntuación outorgarase de acordo co seguinte criterio:

a. Máis do 20 % e ata o 50 % das entidades contan cunha muller vítima de violencia de xénero: 0,50 puntos.

b. Máis do 50 % e ata o 70 % das entidades contan cunha muller vítima de violencia de xénero: 0,75 puntos.

c. Máis do 70 % das entidades contan cunha muller vítima de violencia de xénero: 1 punto.

6º. O emprego de maiores de 45 anos: valoraranse as contratacións destas persoas nos últimos dous anos sobre o total das contratacións realizadas, de acordo con criterios seguintes:

a. Máis do 10 % e ata o 23 % de de contratos realizados a persoas maiores de 45 anos nos últimos dous anos en relación co número total de contratos da entidade: 0,5 puntos.

b. Máis do 23 % de contratos realizados a persoas maiores de 45 anos nos últimos dous anos en relación co número total de contratos da entidade: 1 punto.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións para a puntuación terase como referencia o número de contratacións de persoas empregadas maiores de 45 anos realizados por todas as entidades que as integran en relación co total de contratacións dos últimos dous anos.

7º. A existencia nas entidades de plans de igualdade nos termos previstos na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, que recollan entre outras medidas o fomento da conciliación da vida persoal, familiar e laboral valorarase con 1 punto. Soamente se valorará no caso de acreditalo documentalmente.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, a máxima puntuación outorgarase cando todas as entidades que as integran conten con plans de igualdade. Noutro caso a puntuación outorgarase de acordo co seguinte criterio:

a. Máis do 30 % e ata o 50 % das entidades contan con plan de igualdade: 0,50 puntos.

b. Máis do 50 % e ata o 70 % das entidades contan con plan de igualdade: 0,75 puntos.

c. Máis do 70 % das entidades contan con plan de igualdade: 1 punto.

2. Criterios subxectivos de valoración dos programas:

No caso de programas das liñas II e III:

A baremación subxectiva dos programas constará de ata 65 puntos desagregados do seguinte xeito:

a) Calidade técnica do programa (ata 56 puntos): precisarase obter unha puntuación mínima de 30 puntos nesta epígrafe.

1º. Pertinencia e necesidade: ata 6 puntos. Valorarase que o programa conte cunha avaliación da necesidade para cubrir e da pertinencia do seu desenvolvemento e a súa fundamentación.

2º. Obxectivos do programa: ata 5 puntos. Valoraranse os obxectivos que se pretenden acadar pola entidade solicitante, o impacto do proxecto, o número de persoas usuarias e a poboación á que van dirixidos.

3º. Contido técnico do programa: ata 35 puntos. Valorarase o contido técnico do programa e a súa adecuación ao obxectivo proposto, a descrición das actividades concretas que se pretenden realizar, o calendario de realización, a adecuación dos recursos humanos, dos medios estruturais, materiais e técnicos para o desenvolvemento e xestión do programa, así como os seus indicadores de control e avaliación, coa seguinte desagregación:

3.1º. Descrición das actividades e adecuación aos obxectivos: ata 5 puntos.

3.2º. Calendario de realización: ata 10 puntos.

No caso de todos os días laborais a xornada completa: 10 puntos.

No caso de todos os días laborais a media xornada completa: 5 puntos.

3.3º. Adecuación de recursos humanos: ata 10 puntos.

Titulación e xornada laboral do persoal co que vaia contar a entidade beneficiaria para levar a cabo o proxecto (tomando como referencia os grupos de clasificación dos corpos e escalas do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia establecidos na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia). Valorarase do seguinte xeito:

a) Persoal a xornada completa:

– Por cada persoa con titulo universitario oficial de grado (grupo A), 1 punto.

– Por cada persoa con título de técnico superior (grupo B), 0,75 puntos.

– Por cada persoa con título de bacharel, de técnico ou graduado en educación secundaria obrigatoria (grupo C), 0,25 puntos.

Para os efectos da valoración das xornadas laborais definidas neste punto, considerarase xornada completa a de 7,5 horas diarias ou de 37,5 horas semanais. A valoración das xornadas parciais calcularase de forma proporcional en función da xornada declarada para cada un dos niveis profesionais, segundo as puntuacións expresadas nas epígrafes anteriores e redondeando a puntuación a dous decimais.

3.4º. Adecuación dos medios materiais: ata 5 puntos.

3.5º. Indicadores de control e avaliación do proxecto: ata 5 puntos.

4º. Accesibilidade ata 10 puntos. Valoraranse os programas que incorporen tecnoloxías que permitan a teleasistencia ou cando favorecen a atención domiciliaria favorecendo a accesibilidade universal da poboación á asistencia.

b) O ámbito territorial do programa: ata 9 puntos. Valorarase o ámbito territorial da actuación para realizar, conforme á seguinte escala:

a. As actuacións que se desenvolvan en dúas provincias: 1 punto.

b. As actuacións que se desenvolvan en tres provincias: 3 puntos.

c. As actuacións que se desenvolvan nas catro provincias: 5 puntos.

No caso de que os programas se desenvolvan en áreas rurais e/ou áreas rurais de alta dispersión de acordo co Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, outorgaranse 4 puntos.

No caso de programas da liña I, a baremación subxectiva dos programas constará de ata 65 puntos desagregados do seguinte xeito:

a) Tipo de investimento: ata 10 puntos.

1º. Proxectos de investimento para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con trastorno mental e/ou adiccións: 3 puntos.

2º. Proxectos de investimento para a realización de obras de reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación para a prestación de servizos de atención a persoas con trastorno mental e adiccións: 5 puntos.

3º. A adquisición de subministracións, equipamentos e vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas con trastorno mental e adiccións.

3.1º. Se favorecen a teleasistencia e atención domiciliaria: 10 puntos.

3.2º. Outros: 3 puntos.

b) Necesidade da actuación para a que se solicita a subvención. Máximo 15 puntos.

Valorarase a necesidade da actuación para a que se solicita subvención, conforme ao seguinte:

1º. Está xustificada a necesidade de acometela, aínda que esta non supón unha necesidade para o desenvolvemento das actividades habituais do centro e intervención cos usuarios: 5 puntos.

2º. Está xustificada a necesidade de acometela e esta supón unha necesidade para o desenvolvemento da actividades habituais do centro e intervención cos usuarios: 15 puntos.

c) Urxencia da actuación para a que se solicita a subvención. Máximo 15 puntos.

Valorarase a urxencia no desenvolvemento da actuación para a que solicita subvención, conforme ao seguinte:

1º. A actuación pretende emendar unha deficiencia que non supón ou pode non supoñer un perigo para a seguridade dos usuarios do centro: 5 puntos.

2º. A actuación pretende emendar unha deficiencia que supón ou pode supoñer un perigo para a seguridade dos usuarios do centro: 15 puntos.

d) Tipo de actuación. Máximo 8 puntos.

Valorarase se a actuación para a que se solicita subvención dá lugar a unha mellora das condicións de accesibilidade universal, conforme o seguinte:

1º. Implica unha mellora das condicións de accesibilidade física conforme á normativa de accesibilidade: 1 punto.

2º. Implica unha mellora das condicións de accesibilidade física conforme á normativa de accesibilidade e ademais inclúe mellora de accesibilidade sensorial e/ou cognitivas: 4 puntos.

3º. Implica unha mellora nas condicións de accesibilidade universal á atención mediante a atención telemática e/ou domiciliaria: 8 puntos.

e) Tipoloxía do centro ao que se vai dedicar a subvención. Máximo 8 puntos.

Valorarase a tipoloxía de centro para o que se solicita a subvención nos seguintes termos:

1º. Centros ou servizos de atención destes destinados a dependencias administrativas: 3 puntos.

2º. Centros ou servizos de atención destes destinados a dependencias administrativas de atención ao público: 4 puntos.

3º. Centros ou servizos de atención a usuarios de carácter non administrativo que non teñen a consideración de centros de intervención social ou espazos residenciais: 4 puntos.

4º. Centros sanitarios que non sexan de carácter residencial: 6 puntos.

5º. Centros sanitarios de carácter residencial (atención 24 horas): 8 puntos.

f) Incremento da capacidade de atención do centro tras a realización da actuación para a que se solicita a subvención. Máximo 5 puntos.

Valorarase o incremento na capacidade de atención do centro tras a actuación para a que se solicita a subvención, nos seguintes termos:

1º. A actuación non supón un incremento da capacidade asistencial do centro: 0 puntos.

2º. A actuación supón un incremento de 10 ou menos usuarios: 2 puntos.

3º. A actuación supón un incremento en máis de 10 usuarios: 5 puntos.

g) Cofinanciamento da actuación para a que se solicita subvención. Máximo 4 puntos.

Valorarase o cofinanciamento da actuación para a que se solicita subvención, entendendo por cofinanciamento calquera achega de fondos propios da entidade solicitante ou doutras fontes de financiamento público provenientes da Unión Europea ou de calquera Administración pública, ou financiamento privado, conforme a seguinte desagregación:

1º. Cofinanciamento igual ou superior ao 1 % do custo total e menos do 15 %: 1 punto.

2º. Cofinanciamento igual ou superior ao 15 % do custo total e menos do 30 %: 2 puntos.

3º. Cofinanciamento igual ou superior ao 30 % do custo total e menos do 45 %: 3 puntos.

4º. Cofinanciamento superior ao 45 % do custo total: 4 puntos.

Artigo 15. Reformulación das solicitudes

Cando o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior ao que figura na solicitude presentada, poderase instar á entidade proposta como beneficiaria á reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable.

No caso de que se inste á entidade a que faga unha reformulación do programa, a entidade deberá achegar, no prazo de dez días naturais, unha solicitude de reformulación, aceptación ou desestimento da subvención (anexo VII): que deberá dirixir á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

Se no prazo indicado no parágrafo anterior a entidade instada non achegase a solicitude, a Subdirección de Atención Primaria realizará proposta de subvención a favor da ou das entidades solicitantes en orde da puntuación dos programas, sempre que o crédito resulte suficiente.

Unha vez que a solicitude conte coa conformidade da comisión de valoración, remitiráselle o actuado ao órgano competente para que dite a nova proposta de resolución.

En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos respecto das solicitudes ou peticións. Así mesmo, a dita reformulación non poderá comprometer a viabilidade do programa, polo que se deberán manter os gastos necesarios para o seu correcto desenvolvemento.

Artigo 16. Resolución

1. As resolucións que procedan ao abeiro desta orde serán ditadas pola persoa titular da Consellería de Sanidade e presidente/a do Servizo Galego de Saúde por proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, segundo o previsto no artigo 12.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o dito prazo sen que recaese resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude por silencio administrativo.

Artigo 17. Publicación e notificacións

1. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Sanidade.

2. Así mesmo, as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse complementariamente só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás entidades interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

4. Neste caso as entidades interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo para os efectos de asegurar o cumprimento polas entidades interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

5. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Aceptación e renuncia

1. Notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días hábiles a súa aceptación, comprometéndose a executar a acción subvencionada nas condicións establecidas na presente convocatoria. No caso de non comunicar o dito extremo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

2. A renuncia á subvención poderase formular por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co que establece o artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Os importes que, se é o caso, resultaren sobrantes por causa de renuncia poderán destinarse ao outorgamento de máis subvencións segundo o determinado nos artigos 13, 14 e 16.

Artigo 19. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o órgano ou a entidade responsable da iniciativa publicará na páxina web oficial a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no seu artigo 3.1 á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na normativa que regula a Base de datos nacional de subvencións, transmitirase a esta a información que require a dita normativa, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 20. Réxime de recursos

1. A resolución do procedemento pon fin á vía administrativa, e contra ela as entidades interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ante a persoa titular da Consellería de Sanidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución á entidade.

2. Igualmente procederá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación se a resolución é expresa; se non fora así, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

3. De presentarse recurso potestativo de reposición, non se poderá acudir á vía contencioso-administrativa ata que este sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.

Artigo 21. Modificación da resolución de concesión

1. De acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, segundo o previsto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, unha vez recaída a resolución de concesión, a entidade beneficiaria poderá solicitar a modificación do seu contido sempre que se respecte a actuación subvencionable e non dea lugar á execución deficiente e/ou incompleta. Será de aplicación o seguinte:

a) A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade e a esta xuntarase:

1º. A memoria xustificativa.

2º. A relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

3º. O orzamento modificado, se é o caso.

b) Poderase autorizar sempre que non dane dereitos de terceiras persoas.

c) Non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveran lugar con posterioridade a ela.

d) Cando implique modificación do importe total concedido, tramitarase conxuntamente coa do expediente de gasto.

3. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Consellería de Sanidade por proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, logo da correspondente tramitación e, se é o caso, con audiencia da entidade interesada.

4. Cando a entidade beneficiaria da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non afecten esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puideran ter dado lugar á modificación da resolución téndose omitido o trámite de autorización administrativa previa, o órgano concedente poderá aceptar a xustificación presentada, sempre que tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiras persoas.

Esta aceptación polo órgano concedente non exime á entidade beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle de conformidade coa citada Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. A administración poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia de erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 22. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde estarán obrigadas a:

a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.

b) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como as variacións no cadro de persoal que realiza o programa.

c) Solicitar, de ser o caso, á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria a autorización das modificacións que afecten as actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco días respecto á data en que se produza.

d) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 24.

e) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, destinar os ditos bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención durante un prazo que non pode ser inferior a cinco anos no caso de bens susceptibles de inscrición nun rexistro público nin a dous anos para o resto de bens. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención.

g) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

h) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme coa disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

i) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

j) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas subvencionados o seu financiamento público.

k) Ter subscrito unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados conforme ao previsto nos artigos 7 letra g) e 11 letra i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

l) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.

m) Calquera outra obriga imposta ás entidades beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable así como nesta orde.

2. Os servizos da Consellería de Sanidade poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades dos requisitos exixidos.

Artigo 23. Pagamento

Os pagamentos correspondentes realizaranse de conformidade co previsto nos artigos 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 63.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e faranse efectivos do seguinte xeito:

Realizarase un único pagamento anticipado, por importe equivalente ao 100 % da contía outorgada. Este pagamento realizarase unha vez ditada a resolución de concesión, tras a aceptación da subvención concedida e a declaración doutras axudas debidamente cuberta.

No caso de subvencións de capital (programas da liña de actuación I), a concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada, de conformidade co previsto no artigo 63.1.Dous do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 24. Xustificación

A xustificación terá como data límite o 30 de abril de 2021 e incluirá a relación dos gastos executados e correspondentes ás actividades desenvolvidas entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de marzo de 2021.

Deberá xustificarse o 100 % do importe orzamentado na solicitude sen prexuízo das posibles modificacións efectuables segundo o artigo 21, para obter o 100 % da subvención concedida.

No caso de xustificar unha contía inferior, o pagamento reducirase proporcionalmente ao custo efectivamente xustificado, e a entidade tería que reintegrar total ou parcialmente a contía recibida no pagamento anticipado.

As entidades beneficiarias de subvención deberán realizar a xustificación a través de conta xustificativa con achega de informe de auditoría, de acordo co regulado no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Se a entidade beneficiaria está obrigada a auditar as súas contas anuais por un auditor de conformidade co Lei 22/2015, do 20 de xullo, de auditoría de contas, a revisión da conta xustificativa levaraa a cabo o mesmo auditor.

No caso contrario, a designación do auditor será realizada polo propio beneficiario e terá condición de gasto subvencionable ata o límite indicado no artigo 5.3 desta orde.

A xustificación deberá incluír:

a) Memoria xustificativa da actuación subvencionada asinada polo representante da entidade, que certificará a veracidade do consignado.

Especificará co máximo detalle as actividades realizadas e os resultados obtidos, así como a súa relación directa cos gastos realizados na execución dos programas financiados que se imputen á subvención, conforme á desagregación orzamentaria establecida. A memoria deberá ter os puntos indicados no anexo X.

b) Memoria económica abreviada xustificativa do custo das actividades realizadas que conterá:

– Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento segundo o modelo do anexo VIII.

Cando o importe dalgún xustificante non se impute totalmente á finalidade do programa subvencionado con estas axudas, indicarase a contía exacta daquel que resulte afectado por el.

O anexo deberá ser asinado, en todo caso, polo representante legal da entidade.

– O certificado dos gastos realizados segundo o anexo IX.

– Detalle coas desviacións acaecidas na execución do proxecto respecto do orzamento aprobado.

– Declaración doutras axudas e ingresos recibidos para o mesmo programa e contía de estas.

A memoria económica deberá abranguer a totalidade dos gastos incorridos na realización das actividades subvencionadas.

c) Informe dun auditor de contas inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, para cuxa comprobación se entregará xunto coa documentación xustificativa certificación rexistral de tal extremo.

A auditoría realizarase de acordo co establecido na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, previstos no artigo 74 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado mediante Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

A presentación da auditoría como forma xustificativa do gasto non exime á entidade beneficiaria da subvención do mantemento do soporte documental de acordo cos prazos estipulados pola lei.

A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria poderá solicitar a documentación soporte da auditoría, de acordo co establecido nesta orde.

Unha vez finalizada a revisión da conta xustificativa, o/a auditor/a deberá emitir un informe no que detallará os procedementos de revisión levados a cabo e o seu alcance, o sistema de mostraxe empregada, o número de elementos e o importe da mostra analizados respecto do total e porcentaxe de deficiencias advertida respecto da mostra analizada e contía dos gastos afectados.

O informe deberá incluír a listaxe dos xustificantes de gastos da totalidade do proxecto, selada e asinada polo/a auditor/a.

O informe mencionará se a entidade beneficiaria facilitou canta información lle solicitou o/a auditor/a para realizar o traballo de revisión. No caso de que o beneficiario non facilite a totalidade da información solicitada, mencionarase tal circunstancia con indicación da información omitida.

O informe referirase ao resultado das comprobacións realizadas, mencionando os feitos observados que puidesen supor un incumprimento por parte da entidade beneficiaria da normativa aplicable ou das condicións impostas para a percepción da subvención, debendo proporcionar a información co suficiente detalle e precisión para que o órgano xestor poida concluír respecto diso.

En todo caso, a verificación que debe realizar a auditoría de contas, terá o seguinte alcance:

a) O cumprimento por parte das entidades beneficiarias das obrigacións establecidas nesta orde e no resto da normativa que lle é de aplicación na xestión e aplicación da subvención.

b) A adecuada e correcta xustificación da subvención por parte das entidades beneficiarias tendo en conta a documentación complementaria que lle debe ser achegada segundo o artigo 25.

c) A realidade e a regularidade das operacións que, de acordo coa xustificación presentada polas entidades beneficiarias, foron financiadas coa subvención.

d) A adecuada e correcto financiamento das actividades subvencionadas, coidando que no exista sobrefinanciamento das actividades.

e) Acreditación documental, material e/ou gráfica (fotografías, fotocopias, captura de pantallas) do cumprimento do deber de información e publicidade do financiamento público da acción subvencionada.

3. Considéranse gastos subvencionables os recollidos no artigo 5.

4. A documentación xustificativa dos gastos presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica
https://sede.xunta.gal, e dirixirase á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

Artigo 25. Documentación complementaria dos xustificantes de gasto

Na conta xustificativa que a entidade beneficiaria proporcione ao/á auditor/a deben figurar, ademais das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente que figuren na conta xustificativa, a seguinte documentación segundo o tipo de gasto do que se trate:

1. Gastos correntes.

a) Gastos de persoal: deberá achegarse, xunto coas nóminas correspondentes e os seus xustificantes bancarios de pagamento:

– TC1: recibo de liquidación de cotizacións de cada mes do que se imputen nóminas.

– TC2: relación nominal de traballadores de cada mes do que se imputen nóminas.

– Xustificante de pagamento mensual da Seguridade Social e modelo 111 trimestral xunto cos seus xustificantes de pagamento, sen prexuízo do indicado no artigo 5.1.b).

No caso das pagas extraordinarias poderase imputar a parte proporcional dos meses e horas imputadas de esas nóminas ás actividades do programa.

b) Gastos de viaxe: deberán ir acompañadas de certificación do presidente no que se especifique quen realizou a viaxe e a necesidade do desprazamento dentro dos fins do proxecto, así como achegar todos os xustificantes de recepción e os billetes do medio empregado.

c) Gastos de alugamento: ademais da factura e o xustificante bancario de pagamento, deberá achegarse:

– Copia do contrato de alugueiro.

– Modelos 115 e 180 xunto co seu correspondente xustificante bancario de pagamento.

d) Gastos de arrendamento de servizos:

– Copia do contrato no que deberá reflectirse a categoría profesional, o período de prestación de servizos e as horas de intervención no programa.

– Certificado do representante legal da entidade aclarando as razóns excepcionais polas que o programa non se pode desenvolver mediante persoal propio.

– Factura que inclúa:

Nome, apelidos e NIF do traballador, data e período de liquidación.

Retención por IRPF.

IVE aplicado, se procede.

– Impresos 111 e 190 de ingresos por retencións de IRPF e xustificante bancario de pagamento que debe amosar en que data se fixo o cargo na conta.

– Copia do modelo 036 de declaración censual de alta.

e) Gastos derivados da realización de auditoría de contas:

– Contrato no que figuren os honorarios e horas estimadas.

– Factura e documento acreditativo de pagamentos.

f) No gasto derivado da calidade dos programas:

– Se o proceso se efectúa por persoal da propia entidade, os mesmos documentos exixidos para o persoal con contrato laboral. Imputaranse entón á partida de persoal.

– Se o proceso o efectúa unha empresa:

– Contrato no que figuren horas estimadas e honorarios.

– Facturas e documentos acreditativos de pagamento.

g) Nos caso de subcontratación doutras empresas:

– Declaración responsable da persoa representante legal da entidade subcontratada de non atoparse incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria de subvencións segundo o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. Gastos de investimento.

O orzamento achegado nos casos de gastos inferiores a 40.000 euros nos supostos de execución de obras ou a 15.000 euros nos supostos de subministracións, equipamentos e vehículos, ou o orzamento escollido no caso de gastos por importes superiores aos sinalados, vinculará á entidade con respecto ao contratista no material e contías que figure en este.

2.1. Gastos de obras.

– Contrato de execución de obra co contratista.

– Modelo de declaración trimestral do ingreso do IVE soportado pola entidade respecto ás facturas ou certificacións de obra imputadas, de conformidade coa Lei 7/2012, do 29 de outubro, de modificación da normativa tributaria e orzamentaria e de adecuación da normativa financieira para a intensificación das actuacións na prevención e loita contra a fraude.

– Certificación de obra ou factura detallada, expedida pola empresa ou contratista que realizou a obra.

– Certificado final de obra do técnico e visado polo colexio profesional correspondente, referido ao ano de finalización da obra.

– Certificación expedida polo representante da entidade subvencionada onde se faga constar a realización da obra.

2.2. Gastos de equipamentos, subministracións ou vehículos.

– Factura da empresa subministradora, coa indicación das unidades subministradas, prezo unitario e importe total da adquisición feita.

– Certificación do representante da entidade subvencionada na que conste a recepción do adquirido e a súa conformidade.

Non se poderán achegar como xustificantes de gasto os albarás, notas de entrega nin facturas pro forma.

Artigo 26. Incumprimento, reintegro, infraccións e sancións

1. Ás entidades beneficiarias das subvencións recollidas na presente orde, seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. Para estes efectos, oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento e en función do seguinte:

a) O incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención: reintegro do 100 % da axuda concedida.

b) O incumprimento da obriga de xustificar o pagamento nos termos establecidos no artigo 23 desta orde: reintegro do 2 % da axuda concedida no caso de que o atraso na presentación sexa de ata 10 días, do 10 % no caso de que o atraso sexa superior a 10 días e inferior a 20 días, e do 100 % da axuda concedida no caso de que o atraso na presentación sexa igual ou superior a 20 días.

c) Non dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento nos termos establecidos na letra i) do artigo 21: reintegro do 2 % da axuda concedida.

d) A aplicación da subvención a conceptos de gasto e a ámbitos territoriais doutras comunidades autónomas ou a programas diferentes aos que figuran na solicitude: reintegro do 100 % da axuda concedida.

e) O incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desa mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable, e non recollido nas epígrafes anteriores: reintegro de ata o 100 % da axuda concedida.

3. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos nos que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con axudas ou subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria.

4. As cantidades que teñan que reintegrar as entidades beneficiarias terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria de aplicación.

5. De conformidade co previsto no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a entidade beneficiaria poderá realizar devolución voluntaria de cantidades indebidamente percibidas mediante ingreso na conta habilitada da Facenda pública galega. O importe da devolución incluirá os xuros de demora. No documento de ingreso deberá identificarse o número do expediente, o concepto da devolución, e o nome e NIF da entidade beneficiaria. Unha vez ingresado deberase informar a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria da devolución voluntaria realizada.

Artigo 27. Comprobación, inspección e control

1. A Consellería de Sanidade poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta orde, e realizará, ben con persoal propio ou a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta orde. O persoal encargado da verificación levantará acta da actuación de control, que asinará a entidade á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

2. Ademais, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 28. Información ás entidades interesadas

Sobre este procedemento poderase obter información a través do teléfono 012, do enderezo electrónico saudemental.drogodependencias@sergas.es, na Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

Artigo 29. Información básica sobre protección de datos persoais

1. Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, pola Xunta de Galicia-Consellería de Sanidade, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

2. Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

3. Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme ao descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

4. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira. Órgano responsable

A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria adoptará as medidas oportunas para o seguimento, a avaliación, a difusión e a execución dos proxectos seleccionados previstos nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Actuacións destinadas a programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións

Liña I. Proxectos de investimento en melloras nos centros sanitarios cuxa actividade asistencial principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais e psicosociais ou preventivos en materia de trastornos adictivos e trastornos mentais.

Serán obxecto de subvención os seguintes programas:

a) Proxectos de investimento para a realización de obras de reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación para a prestación de servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos.

b) Proxectos de investimento para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos.

c) A adquisición de subministracións, equipamento e vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos.

Liña II. Programas sociosanitarios de detección e intervención comunitaria de persoas en risco de presentar un trastorno mental, incluídos os trastornos adictivos.

Programas que ofrezan unha intervención integral ás persoas que padezan un trastorno mental desde a prevención, educación e recuperación:

a) Programas de atención domiciliaria a persoas con enfermidade mental e as súas familias.

b) Programas de apoio emocional a persoas con enfermidade mental, coidadores/as e achegados.

c) Actividades de prevención e promoción da saúde mental dirixidas á prevención de enfermidades mentais ou á promoción de estilos de vida saudables.

d) Actividades de sensibilización que reduzan o estigma da enfermidade mental.

e) Actividades de información, orientación e asesoramento sobre saúde mental en recursos especializados e servizos que poidan ser de utilidade.

f) Programas para mellorar a prevención e detección da conduta suicida dirixidos tanto á poboación de risco como á poboación xeral.

g) Programas de capacitación do voluntariado dirixido a persoas con trastornos mentais.

h) Programas de prevención de novas adiccións comportamentais (ludopatía, mal uso de TIC).

Liña III. Programas para favorecer a empregabilidade e a incorporación sociolaboral de persoas con trastorno mental severo ou trastornos adictivos.

Enténdese por incorporación social o proceso de socialización personalizado e flexible, constituído por accións e intervencións que pretenden implicar activamente, responsabilizar, promover e facilitar ás persoas a súa autonomía, desenvolvemento e benestar social, participación e capacidade crítica coa súa contorna. Neste sentido, inclúe diferentes ámbitos ou dominios (persoal, familiar, laboral, etc.), nos que o laboral é importante, pero non o principal ou o único.

Serán obxecto de subvención os seguintes programas:

a) Programas de incorporación social como apoio ao tratamento das persoas diagnosticadas dun trastorno aditivo realizados en centros de atención continuada regulados na Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social.

b) Programas dirixidos á procura de emprego das persoas cun trastorno adictivo, mediante a adquisición de valores, competencias e habilidades.

c) Programas de inserción social e laboral destinados e orientados a persoas con problemas xurídicos ou exreclusas.

d) Programas de incorporación social de apoio ao tratamento e reinserción de pacientes estabilizados.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Memoria explicativa programas liñas II e III

Achegarase un arquivo en formato pdf e asinado electronicamente coas seguintes características:

– Máximo de 16 páxinas.

– Marxes de 2 cm.

– Letra Arial, tamaño 11.

– Interliñado sinxelo.

Puntos:

1. Denominación do programa.

2. Liña.

3. Tipo de programa dentro da liña segundo os especificados no anexo I.

4. Xustificación da pertinencia e necesidade do programa.

5. Obxectivos que pretende acadar a entidade co programa.

6. Número de persoas beneficiarias directas do programa desagregando por sexos.

7. Criterios de selección das persoas beneficiarias do programa.

8. Contido técnico do programa e calendario de realización.

9. Actividades do programa, especificando as persoas beneficiarias e as datas de realización segundo o modelo:

Actividade

Persoas beneficiarias

Data inicio

Data fin

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

10. Localización territorial do programa.

Provincia/s

Localidade/s

Persoas beneficiarias

11. Orzamento do programa, segundo o modelo.

Concepto

Solicitado Xunta de Galicia

Outras subvencións

Financiamento propio

Total

A. Gastos de persoal

B. Gastos correntes: especificar

C. Axudas de custo e gastos de viaxe

D. Xestión e administración

TOTAL GASTOS

12. Datos globais do equipo que realizará o programa.

Nome e apelidos

DNI

Titulación/categoría

Nº de horas semanais

Nº de meses

Retribución total

Seguridade Social a cargo da entidade

Total

TOTAL

13. Persoal voluntario que colabora no programa.

Cualificación/experiencia

Número total

de persoas

Funcións

Número de horas dedicadas ao programa

14. Medios técnicos.

15. Subcontratacións previstas.

Descrición

Custo

16. Descrición doutras axudas e colaboracións previstas.

Entidade

Contía

17. Indicadores de proceso e resultado de acordo cos obxectivos definidos.

Obxectivo

Indicador

Resultado esperado

18. Outras consideracións.

ANEXO IV

Memoria de investimento programas liña I

Achegarase un arquivo en formato pdf e asinado electronicamente coas seguintes características:

– Máximo de 16 páxinas.

– Marxes de 2 cm.

– Letra Arial, tamaño 11.

– Interliñado sinxelo.

Puntos:

1. Identificación (nome) do centro e número de rexistro no RUEPPS.

2. Tipo de actuación para a que se solicita a subvención, de entre as seguintes:

– Proxectos de investimento para a realización de obras de reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación para a prestación de servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos.

– Proxectos de investimento para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos.

– A adquisición de subministracións, equipamento e vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos.

3. Tipo de centro para o que se solicita a subvención, indicando se o investimento vai afectar:

– Centros ou servizos de atención destes destinados a dependencias administrativas.

– Centros ou servizos de atención destes destinados a dependencias administrativas de atención ao público.

– Centros ou servizos de atención a usuarios de carácter non administrativo que non teñen consideración de centros de intervención social ou espazos residenciais.

– Centros sanitarios de carácter non residencial.

– Centros sanitarios de carácter residencial.

4. Actuacións que se van realizar e calendario de realización.

5. Xustificación da necesidade da actuacións: indicando se realizar o investimento supón unha necesidade para o desenvolvemento de actividades habituais do centro.

6. Xustificación da urxencia da actuación: indicando se a deficiencia que se pretende emendar supón ou non un perigo para a seguridade das persoas usuarias do centro.

7. Melloras nas condicións de accesibilidade universal que, de ser o caso, supón o investimento indicando se ademais o investimento supón unha mellora de accesibilidade sensorial e/ou cognitiva e se supón unha mellora na atención telemática e/ou domiciliaria.

8. Localización territorial do investimento.

Provincia/s

Localidade/s

9. Orzamento do investimento.

Concepto

Solicitado Xunta de Galicia

Outras subvencións

Financiamento propio

Total

A. Gastos de investimento: especificar

TOTAL GASTOS

10. Subcontratacións previstas.

11. Descrición de outras axudas e colaboracións previstas.

12. Sistemas de calidade.

13. Outras consideracións.

missing image file
missing image file

ANEXO VI

Modelo de acordo de colaboración para agrupación de entidades
sen personalidade xurídica

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE

RAZÓN SOCIAL

NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN

NOME/RAZÓN SOCIAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NIF

Reunidos:

a) Dunha parte, ...................................................................., con DNI .............................,
en representación da entidade ...............................................................................................
con enderezo en .....................................................................................................................
RUEPSS .....................................

b) Dunha parte, ...................................................................., con DNI .............................,
en representación da entidade ...............................................................................................
con enderezo en .....................................................................................................................
RUEPSS .....................................

(Engadir tantas entidades como teña a agrupación)

As partes recoñécense capacidade e lexitimade para convenir, para cuxo efecto

Expoñen:

1. Que o obxectivo do presente acordo é constituír unha agrupación sen personalidade xurídica co fin de obter a condición de beneficiario das convocadas mediante Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega xestionado pola Consellería de Sanidade.

2. Que o artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece que cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigacións que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da presente lei.

3. Que as entidades representadas polos asinantes reúnen os requisitos establecidos no artigo 4.1 da Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e convócase o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia polo COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega, sen prexuízo dos establecidos no anexo I para cada liña subvencionada, pretenden levar a cabo o/s seguinte/s programa/s.

«.......................................................................................................................................»

«.......................................................................................................................................»

«.......................................................................................................................................»

(Engadir tantos programa/s que pretendan realizar)

ACORDAN:

Subscribir o presente acordo de colaboración para a execución do/dos programa/s e/ou proxecto/s de investimento identificados no punto terceiro anterior de acordo coas seguintes cláusulas:

Primeira. As partes manifestan a súa vontade de concorrer conxuntamente á convocatoria identificada no punto primeiro.

Segunda. As partes identifican como representante legal da agrupación a ......................................................................................, con DNI .................................... Este representante terá poder suficiente para cumprir coas obrigacións que, como entidade beneficiaria, corresponda á agrupación.

Terceira. A entidade coordinadora responsable da agrupación ante a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia será ..................................................................................
con CIF ........................................... A responsabilidade desta entidade enténdese sen prexuízo da responsabilidade solidaria das entidades que integran a presente agrupación respecto das posibles obrigacións de reintegro en relación á actividade subvencionada. Así mesmo, as ditas entidades serán responsables das infraccións administrativas que puidesen derivarse da actividade subvencionada.

Cuarta. Coa sinatura do presente acordo os representantes das entidades declaran individualmente e baixo a súa responsabilidade que as ditas entidades cumpren a título individual todos e cada un dos requisitos previstos no artigo 4.1 da orde sen prexuízo dos establecidos no anexo I para cada liña subvencionada. En especial, declaran non estar incursas nas causas de prohibición previstas no punto 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Quinta. As entidades integrantes da agrupación comprométense a executar os importes e porcentaxes por entidade que se detallan a continuación para cada programa ou proxecto de investimento:

1. Programa/proxecto de investimento:

Entidade

Compromisos de execución
(materiais e financeiros)

Porcentaxe de subvención que lles corresponderá

Total

100 % (compromisos financeiros)

100 %

(Engadir tantos programas e/ou proxectos de investimento que pretendan realizar)

Sexta. As entidades asinantes comprométense a manter a vixencia do presente acordo desde a data da sinatura ata transcorrido o prazo de prescrición. Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

En proba de conformidade co expresado neste acordo de colaboración, asinan as partes comparecentes, por triplicado, no lugar e na data que se sinalan:

........................................., .......de ..................................de 2020

Entidade

..................................................................................Representante da entidade

Selo, nome e apelidos

Entidade

...................................................................................Representante da entidade

Selo, nome e apelidos

Entidade

..................................................................................Representante da entidade

Selo, nome e apelidos

Entidade

...................................................................................Representante da entidade

Selo, nome e apelidos

Entidade

..................................................................................Representante da entidade

Selo, nome e apelidos

Entidade

...................................................................................Representante da entidade

Selo, nome e apelidos

(O documento debe asinarse polos/as representantes de todas as entidades en todas as súas páxinas).

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO X

Memoria de actuación

Achegarase un arquivo por cada programa en formato pdf e asinado electronicamente coas seguintes características:

– Máximo de 25 páxinas.

– Marxes de 2 cm.

– Letra Arial, tamaño 11.

– Interliñado sinxelo.

Puntos:

1. Denominación do programa.

2. Resumo do contido do programa.

3. Período de execución do programa.

4. Número de persoas beneficiarias directas do programa desagregando por sexos.

5. Actividades do programa, especificando as persoas beneficiarias e as datas de realización segundo o modelo:

Actividade

Persoas beneficiarias

Data inicio

Data fin

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

6. Localización territorial do programa.

Provincia/s

Localidade/s

Persoas beneficiarias

7. Estado de liquidación do programa, segundo o modelo.

Concepto

Xunta de Galicia

Outras subvencións

Financiamento propio

Total

A. Gastos de persoal

B. Gastos correntes: especificar

C. Axudas de custo e gastos de viaxe

D. Xestión e administración

TOTAL GASTOS

8. Obxectivos previstos, cuantificados.

Obxectivo

Indicador

Resultado esperado

Resultado obtido

9. Resultados obtidos cuantificados e valorados.

10. Desviacións respecto do programa inicial presentado.